1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

2014 06 30 CartazMobilizacionsRepresionSindical.previewGaliza - CIG - As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT están a intensificar a campaña de mobilizacións para rexeitar a ofensiva represora do PP contra a resposta social aos recortes en dereitos laborais e sociais e convoca unha serie de protestas en todo o país nas que reclamarán o indulto para os traballadores/as condenados a prisión por exerceren o seu dereito á folga.


A campaña, que conta co apoio da Alianza Social Galega (Asoga), inclúe manifestacións, concentracións e a autoinculpación de membros das tres centrais pola súa participación en actos en defensa da clase traballadora.

As centrais fan un chamamento á clase traballadora a rexeitar na rúa a criminalización da protesta social e a ofensiva penal contra o dereito de folga por parte do Goberno español do PP e dunha Xustiza ao seu servizo e a amosar a súa solidariedade con Carlos, Serafín, Ana e Tamara, para os que reclaman o indulto inmediato.

Dende as organizacións sindicais lembran que estes catro traballadores/as son as vítimas directas desta ofensiva, pero a represión afecta a toda aquela persoa que exerza o dereito do mobilización.

A xornada central desta campaña terá lugar o vindeiro luns, cando se celebren até 11 actos de protesta en toda Galiza. Pero antes, este mesmo xoves, unha manifestación percorrerá as rúas de Pontevedra, cidade de Ana e Tamara. A marcha, convocada baixo o lema "Polo emprego. Non á represión sindical", partirá da Praza da Ferrería ás 20.30 horas e rematará diante da Subdelegación do Goberno.

O día seguinte, o venres 27, desenvolverase unha concentración diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) na Coruña, onde membros das tres centrais autoinculparanse por teren participado en actos en defensa da clase traballadora, de igual xeito que o fixeron as catro persoas condenadas.

Xa para o luns está prevista a celebración de actos de protesta en 11 localidades do país. En Vigo, cidade de Carlos e Serafín, terá lugar unha manifestación dende Vía Norte até o museo Marco.

Lugares e horarios das mobilizacións

A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.

Ferrol: manifestación  dende a Praza de España ás 20.00 h. 

Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.

Ribeira:  concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.

Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h. 

Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h. 

Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h. 

Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h. 

Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h.

Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h. 

Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.