1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290514 pepitaGaliza - Comité de Solidariedade - Estamos asistindo nos últimos tempos a un desenmascaramento do Estado Español que está a amosar a súa face máis autoritaria.


A indefensión na que deixa aos traballadores e as súas familias coas sucesivas reformas laborais, a criminalización das protestas sociais por medio dos encausamentos xudiciais a sindicalistas, membros de STOP Desafiuzamentos, etc...- moitos deles con sentencias de anos de cadea-, hai que sumar o ataque directo á liberdade de expresión que supón o encausamento de PEPITA SEOANE baseado única e exclusivamente nas opinións expresadas nunha perversa entrevista na prensa do xornal EL MUNDO.

Os mais de trinta anos de experiencia na loita pola liberdade non só dos seus fillos senón de todos os presos políticos, e a reclamación de respecto aos dereitos humanos nas cadeas denunciando os malos tratos, illamentos, e demais formas de tortura dos presos, así como a súa presenza permanente "na primeira liña" en todo tipo de actos ou mobilizacións en contra das inxustizas do sistema capitalista, fan de Pepita unha vítima propiciatoria para amedrentarnos a todos ; por iso acode aos actos contra a represión:

29 de Maio ás 20:00 H

PALESTRA SOBRE A REPRESIÓN. Coa presenza de Pepita, un membro de STOP Desafiuzamentos e unha avogada. Centro TOMAS Y BARROS, rúa Ramón Aller 10. A Coruña

7 de Xuño ás 20:00 H

MANIFESTACIÓN A PROL DE PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN – Saída dende o Obelisco.
12 de Xuño ás 9:30 H

ACOMPAÑAMENTO DE PEPITA AO XULGADO. Saída dende a Praza de Monforte.
ACUDE E DIFUNDE!

PLATAFORMA POLA ABSOLUCIÓN DE PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.