1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

quevoltemparaacasa vigoGaliza - Que Voltem para a Casa! - Na mañá de hoxe 3 de decembro celebrouse con éxito a primeira das concentracións convocadas para reclamar o traslado a Galiza dos presos galegos e o respecto dos seus dereitos fundamentais.


Foi ás portas do concello de Vigo e cos presos vigueses Teto e Xurxo como centro da denuncia e das reivindicacións. Á concentración asistiu medio centenar de persoas, entre as que se atopan a @s concelleir@s do BNG, Iolanda Veloso e Henrique Vieitez, coas que puideron falar representantes de Que voltem para casa!.

As persoas asistentes despregaron dúas faixas denunciando a situación penitenciaria de Teto e Xurxo e reclamando a súa transferencia para unha prisión na Galiza. Ademais, repartíronse brochuras entre os centos de veciños e veciñas de Vigo que a esa hora se acercaban á cámara municipal para facer xestións. A brochura explicaba a situación penitenciaria concreta de cada preso e suscitou o interese de moitos e moitas viguesas.

Nos próximos días celebraranse concentracións similares en Ames, Teo, Ordes e Santiago. Así mesmo, está prevista a presentación de mocións contra a dispersión para o seu debate nas respectivas corporacións municipais. Desde Que voltem para a casa! facemos un chamamento a secundar estas concentracións e o resto de accións da campaña "En cada aldea, en cada vila, en cada cidade ... súmate ao clamor contra a dispersión d@s pres@s galeg@s!".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.