Galiza - Irmandade TV - Desde este martes, 9 de xullo está disponíbel un novo programa de Irmandade TV presentado por Aurélio Lopes. Analizamos con dúas mesas de convidad@s o xuízo na Audiencia Nacional contra @s independentistas Eduardo Vigo, Roberto Fialhega "Teto", Antom Santos e Maria Ossório; a criminalización que desde diferentes ámbitos estase a levar contra o nacionalismo galego así como as perspectivas de cara ao día da Patria e ás europeas de 2014.
Na primeira parte do programa contamos coa participación de Fernando Blanco, avogado e Presidente de Esculca; Borxa Colmenero, avogado da defensa de Antom Santos e con Aurora Domínguez e Juan Vigo, nai e pai de Eduardo Vigo, independentista xulgado neste proceso.
Na segunda parte do programa contamos coa participación de Goretti Sanmartín do BNG; Rafael do Pico de ANOVA; Xoán Bascuas de CxG e Joám Peres de Causa Galiza.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.