Ana Mº e dos dous menores ao seu cargo (de 14 e 17 anos) foron antonte desaloxados do piso de aluguer que habitaban, pola falta de pagamento de tres meses.
Asuntos Sociais tan só facilitoulles un cuarto nun hostal, e deulles 60 euros. Tamén lle dixeron a Ana Mº que podía ir a comer á cociña económica, pero en ningún caso os dous menores.
Ante este claro caso de desamparo e marxinalidade social á que someten a esta familia, e en especial aos menores, Stop Desafiuzamentos Ferrolterra, vai denunciar o asunto na Fiscalía de Menores
Ao anaco de deixar no Rexistro a mencionada solicitude, acompañamos a Ana Mª ata a Asistenta Social, despois dunha breve entrevista, saímos co compromiso de que estudarían un presuposto que presentásemos para o aloxamento nun hostal con dereito a comida.
Foto: Susete (c)


