1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

160313 jornadasGaliza - Esculca - "Cámara oculta: novas políticas de violencia institucional" é o título das xornadas anuais da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) que este ano decorrerán en Compostela, organizadas por EsCULcA, os próximos días 22 e 23. As palestras e debates terán lugar no salón de actos do Colexio de Avogados e a entrada é libre.


A forma como afectan os recortes orzamentais á situación que se vive nos penais do Reino de España desde o comezo da crise económica será analisada na primeira sesión das Xornadas (16:30 do día 23) por Alejandro Forero (OSPDH da Universidade de Barcelona) e Dani Jiménez (ASAPA). A seguir (18:00), colectivos de apoio a persoas presas e migrantes (Cedro, Foro Galego da Inmigración e Grupo de Apoio á Campaña contra as Torturas) mostrarán os efeitos das novas políticas dos gobernos español e galego que observan na súa práctica cotiá.

Na mañá do día 23, ás 10:15, Guillerme Presa Suárez examinará a situación dos cárceres galegos e as restricións crecentes ao exercicio das liberdades na rúa. Ás 10:45 Borxa Colmenero revelará a armadilla do estado de excepción permanente a través do exemplo da denominada Resistencia Galega. Posteriormente, Mikel Zuloaga e Carlos Barros ilustrarán con exemplos os efeitos da armadilla institucional e o papel que se atribúe nesa estratexia aos medios de comunicación. Finalmente, asociacións de apoio a persoas imputadas por feitos de violencia política (Que Volten a Casa, Volta a Loureda) darán conta da situación a que teñen que facer frente no día a día.

Clicar na imagem acima para ver o programa previsto em tamanho aumentado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.