1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140313 lipdubGaliza - Esculca - O pasado 11 de marzo, EsCULcA dirixiu escrito à Fiscalía da Audiencia Nacional para solicitar arquivo das dilixéncias preprocesuais abertas a catro persoas pola gravación dun vídeo en que aparecen fotografias de persoas imputadas por actos de diversa natureza. O vídeo é parte das actividades con que un Centro Social do Xinzo celebra o seu aniversario.


No seu escrito, EsCULcA afirma que tivo coñecemento por noticias aparecidas en varios medios de comunicación de a Fiscalía da Audiencia Nacional ter solicitado a incoación de procedemento penal e imputación de catro persoas por delito de enaltecemento do terrorismo.

O Observatório estima que, "de se confirmaren estes feitos", a Fiscalía estaria afastándose do preceptuado nos parágrafos 4 e 5 do art. 3 do seu Estatuto Orgánico ao non haber indicio algún que indique a comisión do referido delito por canto as persoas cuxas fotografias aparecen no vídeo non foran condenadas. Por outra pare, non existe constancia en sentenza firme da existencia en Galiza de fenómenos que podan ser calificados como  terroristas nen no citado vídeo se desenvolve acción algunha que poda ser entendida como enaltecemento, nin sequera xustificación, do terrorismo.

Un proceso penal como o que solicita a Fiscalía suporía, en opinión de EsCULcA, a criminalización dunha determinada opción política e ideolóxica, o que leva o Observatório, en exercicio dos seus fins estatutarios, a solicitar o arquivo das citadas dilixencias preoprocesuais ou, sendo o caso, a petición do arquivo libre do procedemento penal xudicializado se eventualmente xa tiver sido incoado.

Ver aquí o escrito de EsCULcA.

Ver aqui o vídeo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.