1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

noeliapresaGaliza - AFAPP - Martes 12, Noelia solicitou unha proba analítica de tóxicos pois pensa que lle están a botar algún tipo de fármaco sedante na comida, pois pasou casi dous dias dormida e completamente desorientada.


Sábado 9, dous abogadas de Oteando estiveron visitando a Noelia. Encontraron a Noelia ben físicamente, aínda que lles explicou que tiña unhas marcas na gorxa e magulladuras, solicitando que a examinara un médico forense. Tamén expresou que tiña gastroenteritis aínda que de menor grao que nos días anteriores.

Está nunha celda máis adecuada despois da visita dun inspector de IIPP.

Négase a dar paseos no patio, ó ter unha duración de media hora cada un.

Mais informaçom sobre o caso de Noelia aqui.

Gabriel Pombo, loitando por un trato digno e que o traigan para Galiza, preto da sua familia

Fai uns dias Pastora, a nai de Xosé Tarrio recibiu unha carta de Gabriel Pombo da Silva, preso no cárcere de Soto del Real, Madrid.

Gabriel e unha persoa que leva moitos anos loitando dende o interior da besta, lembramos que foi gran amigo de Xosé Tarrio, xa que compartiron FIES durante longo tempo.

Tras estar uns anos encerrado en Alemania, recentemente foi trasladado a Madrid, e dende entón fixéronlle a vida imposible.

Gabriel pide que as persoas solidarias escribamos e mandemos faxes para que sepan que non está só, que ten apoio fora.

A súa principal reclamación é que o traian para Galiza, para así poder estar preto da súa familia.

Pequenas vitorias

Por razóns que descoñecemos, quitáronlle a Gabriel os Vis a Vis que tiña previsto coa súa familia, ante as súas protestas alegan que ten que ser a DGIP quen de o visto bo.

Por outra banda, R.A.B, preso que denunciou torturas na cadea de A Lama, e fora trasladado a Ourense cunha restricción de Vis a Vis por 6 meses coa súa nai e o seu fillo, gañou o recurso estimando o xuíz que tal medida non tiña razón de ser.

Alegrámonos por estas pequenas victorias que fan que a vida dos nosos compañeirxs sexa un pouco máis soportable.

Foto: AFAPP - Noelia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.