1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

171212 repress ponte vedraGaliza - CIG - O secretario xeral da CIG non descartou -ao inicio da manifestación celebrada en Pontevedra contra a represión sindical, a reforma do Código Penal a lei de taxas xudiciais- a posibilidade de convocar unha greve en defensa da negociación colectiva


O secretario xeral da CIG fixo un chamamento aglutinar forzas para crear un movemento social amplo que obrigue á dereita e ao PP a mudar as súas políticas "antisociais e represivas" ao remate da manifestación nacional celebrada hoxe en Pontevedra contra a represión sindical, a reforma do Código Penal a lei de taxas xudiciais. Varios milleiros persoas marcharon polas rúas da cidade até a Subdelegación do Goberno español para denunciar os ataques contra a contestación social aos recortes e alertar sobre a implantación dun "sistema xudicial elitista".

Minutos antes de que a marcha partise da Praza da Ferrería arredor das 12.00 horas, Suso Seixo, a preguntas dos medios de comunicación, asegurou que a central nacionalista non descarta a convocatoria dunha greve xeral en defensa da negociación colectiva.

O máximo responsábel da CIG explicou que "estamos a traballar cos delegados/as sindicais coa idea de fusionar en 2013 os convenios cuxa prórroga estea próxima a rematar e que non se negocian polo inmobilismo da patronal".

Lembrou que o ano que vén entrará en vigor a limitación da ultractividade, polo que os convenios que non se renoven nun ano (o prazo marcado pola reforma da negociación colectiva do PP) desaparecerán, "o que se suporá un empeoramento xeneralizado das condicións de traballo se non hai unidade sindical nas empresas". Fronte a isto, apostou por promover unha greve xeral en Galiza "en febreiro ou marzo".

Contra a represión do sindicalismo

Varios milleiros de persoas participaron na manifestación polas rúas de Pontevedra, onde se puideron escoitar berros como "Non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder", "O Código Penal para a patronal" ou "Os cartos dos banqueiros para os salarios dos obreiros". A marcha -que se desenvolveu baixo ameaza de choiva até que ao final caeu sobre os participantes unha intensa tromba de auga- rematou diante da Subdelegación do Goberno español, coas intervencións do secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Rafael Iglesias, e do secretario xeral.

Iglesias lembrou que a mobilización forma parte da campaña iniciada tras a condena a tres anos de prisión a dous compañeiros da CIG e a un terceiro de CCOO, que incluíu unha greve de fame por quendas ás portas da Audiencia Provincial de Pontevedra e concentracións nas sete cidades galegas, e chamou a seguir dando a batalla na rúa contras os ataques á clase traballadora.

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG fixo un chamamento a aglutinar forzas para crear un movemento social o suficientemente amplo que obrigue á dereita e ao PP a mudar as súas políticas "antisociais e represivas".Seixo incidiu en que a sentenza do Xulgado do Penal contra os tres sindicalistas (que logo foi botada abaixo pola Audiencia Provincial de Pontevedra) non é un caso illado, xa que "temos moitos/as compañeiros/as con multas e condenas a cadea, aínda que ningunha tan dura coma esta".

Neste senso, asegurou que o incremento da represión contra o movemento sindical responde a un intento de rematar coa contestación social aos recortes "e a implantación dun modelo de capitalismo caracterizado pola desregulación de todos os mercados, incluído o laboral, que se traduce na destrución de dereitos conquistados con anos de loita".

Finalmente, denunciou que a reforma do Código Penal que prepara o PP vai precisamente encamiñada a afondar nesta criminalización das organizacións sociais e sindicais que se opoñen aos recortes e alertou que a lei de taxas xudiciais supón na práctica "unha xustiza elitista".

A mobilización rematou coa interpretación do Himno galego por parte dos/as asistentes baixo unha forte choiva.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.