1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

121112 naromGaliza - Esculca - O pasado 6 de Novembro, EsCULcA rexistou na Fiscalia de Menores da Área de Ferrol escrito en que solicita a incoación de dilixencias preprocesuais de investigación para esclarecer os feitos acontecidos o 29 de outubro en Narón, e en concreto o tratamento dispensado por axentes da PN a un menor lactante durante a detención da súa nai e o seu pai.


Os feitos a que se refere o escrito de EsCULcA foron relatados en diferentes meios de comunicación, que dan noticia da detención de Silvia C.S. e Julio S.S. na madrugada do 29/10 na súa casa de Narón e posterior traslado a dependencias policiais, antes de seren postos a disposición xudicial na A.N.

No momento da detención, ambos estaban en compañía do seu fillo, un bebé de oito meses ainda lactante que, segundo as mesmas informacións xornalísticas, ficou afastado da nai e sen alimentar durante varias horas.

EsCULcA estima que, de se confirmaren estas circunstancias, e a ausencia de persoal competente e autorizado para se facer cargo do neno apesar de os responsábeis policiais teren loxicamente coñecimento previo da situación que ian encontrar os axentes que participaron no dispositivo, esta actuación policial incumpre diferentes preceitos da Lei de Protección Xurídica do Menor e da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Crianza.

Por iso, dada a función de protector do menor que ostenta o Ministerio Público, EsCULcA solicita que se investiguen as circunstancias que conduciron ao traslado do menor a dependencias policiais e provocaron a situación de desamparo de que teria sido vítima durante o tempo que permaneceu sob custodia policial.

Igualmente solicita EsCULcA que se de traslado deste escrito ao xulgado competente para estimar a existencia de responsabilidade penal na actuación policial ou ás autoridades competentes de estimar se existiu responsabilidade administrativa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.