Ditos actos consistiron en esparcir pintura de cor vermella nas saidas das grandes cidades para denunciar así a sangria, non só persoal (recordar que a dispersión causou mortes a familiares de presos galegos na decada dos 90 e accidentes de trafico de menor gravidade fai poucos meses) de aí a cor vermella da pintura, senón tamén economica, que os familiares e amigos dos presos independentistas están a sufrir dende hai anos.
A dispersión non é mais que unha ferramenta de tortura coa que o Estado español esta a castigar aos doce presos independentistas, que estan repartidos ao longo da xeografia española, alonxandoos da sua casa e dificultando as visitas de familiares e amigos que deben facer un esforzo extra tanto no económico como no persoal para poder chegar ao seu destino.
Son milleiros os quilometros que teñen que recorrer e tamén milleiros os euros que todas as fins de semana teñen que pagar as familias e amigos facendo a pena (que esta a cumplir o preso nunha carcere a centos de quilometros da sua residencia) maior.
Mediante esta acción tratouse de reclamar o achegamento dos presos independentistas galegos a sua terra xa que é dereito de todos eles, e na medida do posible, sensibilizar ao conxunto da sociedade ao respecto da situación que estan a sufrir os presos independentistas.
Estes actos foron realizados nas cidades de Compostela, Vigo, Ourense e Ferrol.