1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

231012 repressinGaliza - CIG - As organizacións sindicais censuran que o Delegado do Goberno avale a desmedida actuación policial rexistrada en Ferrol.


Foto: Responsáveis de USTG, CCOO, CIG e UGT em Ferrol (CIG)

Representantes da centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG advirten das pretensión do PP de criminalizar e reprimir a contestación social na rúa.

Os responsábeis comarcais de CIG, UGT, CCOO e USTG compareceron en rolda de prensa para valorar a reunión mantida na mañá do luns co Delegado do Goberno, Samuel Juárez, co obxecto de reclamar que se depuren responsabilidades pola desmedida carga policial rexistrada en Ferrol no inicio da campaña electoral e se abran investigacións pola detención e malos tratos recibidos en comisaría polo sindicalista da CIG, Xesús López Pintos.

Manel Grandal, co-responsábel da CIG de Ferrol trasladou a preocupación das catro centrais sindicais ante o resultado da reunión, xa que no encontro o Delegado do Goberno veu avalar a desproporcionada actuación policial "chegando a insinuar que a policía actuou así para se defender". En canto á petición de investigación sobre trato vexatorio e as torturas padecidas por López Pintos en comisaría, Juárez amosouse tranquilo, deixando toda a responsabilidade no eido do proceso xudicial aberto.

A lectura da reunión, ao entender de Grandal, é que o Delegado do Goberno "dalgunha maneira avala a desproporcionada actuación policial" (tanto na carga contra os/as traballadores/as como no caso dos malos tratos sufridos por Pintos), ademais de apoiar as medidas e reformas que o Partido Popular vén de anunciar que porá en marcha co obxectivo de "reprimir, criminalizar e acalar aquelas organizacións e voces dispostas a facer fronte ás medidas antisociais e políticas neoliberais que nos están a impor".

De feito, os representantes sindicais denunciaron ante a prensa que o Delegado gobernamental mesmo "cuestionou as imaxes da carga aparecidas nos medios de comunicación" e "non dubidamos que terían negado os feitos se non existisen esas imaxes", puntualizou o secretario comarcal de CCOO.

O sucedido en Ferrol, apuntaron, non se pode ver como un feito illado, senón que hai que entendelo nunha estratexia global de recorte de dereitos individuais e colectivos. De aí, a teimosía do Partido Popular por modificar o Código Penal e habilitar novos mecanismos normativos para controlar, disuadir, criminalizar e reprimir a mobilización e contestación social na rúa.

Dende as organizacións sindicais enmarcouse a protesta do pasado 4 de outubro no contexto socioeconómico da comarca, cun elevados índices de paro, sectores produtivos básicos en retroceso e empresas en continuo proceso de peche ou regulación de empregos. Porén, dende os gobernos do PP, criticaron, en vez de dar respostas e solucións aos problemas laborais, sociais e económicos da comarca, "preténdense desvirtuar as reivindicacións converténdoas nun problema de orde pública e reprimíndoas por esa vía".

"Todo parece indicar que o PP non terá ningunha dúbida á hora de criminalizar e reprimir a resposta que se dea na rúa contra as políticas de recortes", aseverou Grandal. Fronte a esta actitude, xa adiantou que as organizacións sindicais non van permitir que se liquiden os dereitos e liberdades sociais, nin que queden impunes as agresións e torturas a mans da policía.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.