1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

190912 detidosGaliza - Diário Liberdade - Novos coletivos mostram solidariedade às pessoas detidas no último operativo repressivo contra o independentismo galego.


Reproduzimos a seguir os posicionamentos do Centro Social A Revolta, de Vigo, e da Coordenadora Local de Anova-Irmandade Nacionalista em Compostela.


CS A Revolta (Vigo)

Solidariedade com os detidos

Desde o Centro Social Revolta fazemos um chamado a participar ativamente na concentraçom convocada para manhám dia 17 de setembro às 20h30 no Marco da rua do príncipe em Vigo polo organismo popular anti-repressivo Ceivar em solidariedade com os companheiros detidos.
Queremos transmitir também a nossa solidariedade e apoio incondicional aos detidos e familiares dos mesmos assim como advertir a Espanha que os seus golpes, longe de amedrontar-nos, fam-nos mais fortes.

VIVA GALIZA CEIVE E SOCIALISTA!!
DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS!!
LIBERDADE PATRIOTAS GALEGOS!!


Coordenadora Local de Anova em Compostela

ANOVA - Irmandade Nacionalista construíuse na vontade de traballar de xeito incansábel polo fin das diversas violencias políticas, porque só coñecemos un marco posíbel para a democracia horizontal, de base e igualitaria.

Ese marco é o dun contexto de paz que fica por construír. Esta aposta, sincera e decida, é a que nos dá toda a lexitimidade para manifestar o seguinte ao fío das últimas detencións producidas en Galiza, acompañadas dunha grave vulneración dos dereitos fundamentais e das garantías penais mínimas.

  1. Denunciamos o secuestro por parte do Estado de catro cidadáns galegos, sometidos a réxime de incomunicación, entre eles, un veciño da nosa cidade. Denunciamos as prácticas punitivas do Estado Español, sustentadas na destrución das garantías penais e na conculcación dos dereitos fundamentais da cidadanía con obxectivos marcadamente políticos e electoralistas. Este modus operandi non é máis do que outra mostra do défice democrático dun Estado que non rompeu enteiramente co seu pasado franquista. Neste senso, a privación de comunicación coas familias e amizades, o establecemento da Audiencia Nacional, tribunal político, como foro xurisdicional, a privación de asistencia letrada ou a prisión preventiva sen previo enxuizamento parécennos agresións intolerábeis que o estado está a despregar discrecionalmente ao servizo dos seus obxectivos políticos.

  1. Poñemos en coñecemento da cidadanía que o conxunto da lexislación antiterrorista e a súa aplicación no marco galego é unha proba de que seguimos a vivir nun sistema asentado na violencia contra a maioría da sociedade no que se lle segue a dar máis importancia ás mercadorías do que ás persoas. Os desafiuzamentos de cidadáns e cidadás, a estafa das preferentes, a desarticulación dos servizos públicos e sociais entre outras moitas medidas políticas responden a unha forma de xestión autoritaria, illada da sociedade, vertical, contra a que ANOVA – Irmandade Nacionalista se rebela.

  1. Poñemos a nosa voz solidaria coas familias e amizades das persoas detidas nestes días e con eles mesmos xa que ningún cidadán debe ser sometido a ningunha vexación ou degradación da súa dignidade, e esiximos a fin do circo mediático que está a afondar na estigmatización destes cidadáns e da súa contorna. Demóstranos isto que a presunción de inocencia e a xustiza son unha falacia e están a nos vender fume: hoxe xulgan os partidos gobernantes e os grande grupos empresariais, a través dos medios de comunicación públicos ou privados que están ao seu servizo.

  1. Esiximos seriedade no goberno do común. O goberno de Feijoo e de Rajoy demostraron a súa falta de vontade de atallar os principais problemas socioeconómicos que ameazan ao pobo galego, e optaron por realizar unha política espectáculo a través da creación de estados de alarma social e montaxes de distración social cos que botar unha cortina de fume sobre as materias que realmente lle preocupan á sociedade: o desemprego, a pobreza, a inseguridade laboral e social, etc.

  1. ANOVA – Irmandade Nacionalista Compostela chama polo tanto á mobilización do cidadanía compostelá nun contexto de queda das garantías democráticas básicas, de endurecemento da lexislación penal e de criminalización da resposta social mediante auténticos circos policiais e mediáticos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.