Diferentes meios informárom da violenta atuaçom da polícia espanhola, com quatro elementos agredindo o trabalhador no chao, imobilizando-o e levando-o algemado.
Comunicado do Sindicato de Jornalistas da Galiza
O Sindicato de Xornalistas de Galiza (SXG) denuncia a violencia gratuíta e innecesaria coa que foi detido onte o fotógrafo do Diario de Pontevedra no Aeroporto de Peinador, Vigo. Como se pode comprobar nas imaxes publicadas, axentes da Unidade de Intervención Policial chegaron a pórse sobre sobre R. E. tras botalo ao chan para esposalo e arrestalo.
O SXG descoñece arestora os motivos polos que o informador foi detido durante a recepción aos atletas olímpicos galegos. Agora ben, do que está seguro a central sindical que a situación podería ter sido reconducida doutro xeito máis pacífico, con máis diálogo e menos violencia. Un fotógrafo de prensa non supón ameaza algunha para ninguén que xustifique as bochornosas imaxes de violencia en Peinador.
Pola saúde da democracia, o SXG esixe a Delegación do Goberno en Galiza que aclare inmediata e publicamente os feitos. Máis cando non é a primeira nin a segunda vez que o SXG e outros colectivos da profesión teñen que denunciar o trato que dan os axentes da Unidade de Intervención Policial aos informadores, aos que por lei deben facilitar o acceso á información.
Fotos e vídeo: Vigoalminuto.