Este xoves 19 de Abril, sobre ás 11 da manhá (12h. na Galiza), a policía entraba pola forza no centro social, arrebatándollo ao bairro, ao movento, á cultura, xs activistas, xs cidadás...
Según informan as fontes que ata nós chegaron, a policía entrou sen orde de desaloxo, moi violentamente, e chegando a empregar tasers (armas de electrochoque, que provocan descargas eléctricas e inmovilización temporal da víctima) para disolver ás persoas que protestaban nos arredores.
Hai varias persoas tanto feridas como detidas.
Xa hai uns meses a casa fóra desaloxada pola policía. Neste primeiro desaloxo, tres persoas resistiran to tellado, sendo retirados do mesmo pola policía sen ningún tipo de medidas de seguridade, sendo o inmoble okupado novamente días despois. Velaquí tendes un vídeo de cómo sucedeu isto –> http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=IsdH34Hrz68
Parece que esta vez é definitivo.
Deixámosvos aquí todo o necesario para que vos manteñades informadxs e en contacto e rede co resto do movemento.
Se nos apoiamos, se somos solidarias como eles nunca xamáis serán capaces de entender, demostraremos que non só somos máis, senon máis fortes!!
Web da ES.COL.A–> http://www.escoladafontinha.blogspot.pt/, indymedia Portugal, para seguir as últimas novas –> http://portugal.indymedia.org/, fotos do desaloxo –> http://portugal.indymedia.org/conteudo/newswire/7240, vídeos do desaloxo –> http://vivafilmes.hacklaviva.net/, moitos máis videos sobre o desaloxo e o movemento que está tendo lugar en Porto a causa do mesmo–>http://vimeo.com/user10929003
Todo o apoio para xs compañeirxs en luita!
Foto: