1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140810_aviomincendiosGaliza - MpMN - Reproduzimos na íntegra um artigo da associaçom "Matar por Matar Non", de há um ano e que fora publicado com motivo da morte de quatro bombeiros num lume florestal na Catalunha. A situaçom atual no nosso país fai com que infelizmente o texto recupere vigência também para este Verao:


O negócio do lume

Nunca antes houbo tantos lumes, nin cando as locomotoras eran de carbón e, de vez en cando, caía unha faísca e plantaba no monte. Claro que agora hai infinitas pistas polo medio do monte que se prestan a que, quen o desexe, pida provocar un lume impunemente.

Pero o caso que nos ocupa e intentar desvelar as razóns de que haxa tanto lume provocado, ano tras ano. E iso que, ano tras ano, aumentan mais os medios e os cartos para apagar eses lumes.

Parece evidente que o asunto de apagar lumes chegou ao punto de ser, por si mesmo, un lucrativo negocio onde grandes empresas investiron cartos.

Por exemplo, as diversas compañías de helicópteros que había no Estado Español foron absorbidas por dúas de grande tamaño e onde teñen intereses grandes corporacións, quedando todo o negocio de apagar lumes con helicópteros, así como outras actividades como o salvamento marítimo, evacuación de feridos ,etc., en mans de unha sola empresa.

Por incrible que pareza, hoxe en día, esas empresas e mais as de avións de apagar lumes, teñen mais helicópteros e mais avións que o exército do aire do Estado Español.

Para se facer unha idea do lucrativo que é ese negocio apuntar que, a maioría das empresas que se dedicaban a fumigar plantacións agrícolas con avións, deixaron o negocio e pasaron a se dedicar a apagar lumes.

Parece evidente que o negocio dos incendios só é lucrativo para as empresas que se dedican a apagálos, porque calquera pode imaxinar que, apagar lumes con un helicóptero que leva unha especie de "caldeiro" colgado é un negocio ruinoso. Calquera outra medida contra os incendios sería mais eficaz que esa, porque esa, desde logo, é un auténtico luxo.

Pero como todo neste País de "espabilados" gástase onde mais cartos se moven, e ninguén di nada sobre aplicar eses cartos en outro tipo de solución como limpezas selectivas do monte, mellora e racionalización do rural ,etc.

Os avións de fumigar teñen un sistema para soltar o producto de acordo coa intensidade que se queira, por exemplo, para sementar é diferente que para botar abono, ou para esparexer insecticida nos piñeiros. Para dosificar esa distribución teñen diferentes sistemas de aplicación. Pero o que todos teñen é un sistema que permite tirar con todo o producto de unha vez. Utilizase en caso de emerxencia para se desfacer do peso e poder facer unha aterraxe de urxencia.

Ese foi o principio da utilización dos avións agrícolas para apagar lumes. Sistema que aínda é utilizado polos aparatos mais antigos. Cargábanse con auga o depósito de producto e esa auga era soltada despois sobre o lume, mediante o sistema de solta de emerxencia. Hoxe en día hai sistemas mais sofisticados que permiten soltar a auga en diversas etapas ou con diferentes caudais.

Case tódalas empresas aéreas que se dedicaban a estas labouras agrícolas e que dependían das choivas e doutras variables de temporada para determinar si se sementaba ou non, si se trataba ou non, si había traballo ou non, deixaron o incerto negocio do agro, para se dedicar ao seguro e lucrativo negocio dos lumes provocados.

Mantemos que, mentres o asunto de apagar lumes siga movendo as astronómicas cantidades de cartos que move hoxe en día, os lumes nunca van deixar de existir. Son un novo negocio que da moitos cartos e que non pode rematar. Igual que tódolos demais, debe "crecer" de un ano para o seguinte.

Que o digan os portugueses que aínda hai pouco tempo que lles comezou a atacar esa "praga", e case queima Portugal enteiro. Porque os negocios tamén hai que expandilos a outros países.

Mais información:

http://www.google.es/search?hl=es&q=inaer+participaci%C3%B3n+accionarial...

http://es.wikipedia.org/wiki/INAER

http://www.grupoinaer.com/index.php?/inaer/flota

APIs de Blogue


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.