1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251115 cvGaliza - Corrente Vermelha - Xa abonda, nin unha máis, non queremos nin unha menos!


Este berro foi o máis coreado o pasado sábado 7 de novembro nas rúas de Madrid. Decenas de miles, homes e mulleres, participamos na manifestación estatal convocada contra a violencia machista. Unha marcha tan masiva como o "Tren da Liberdade" contra a lei de aborto de Gallardón, que culminou cunha vitoria: A dimisión do Ministro.

Estas mobilizacións marcan o camiño para avanzar na loita contra a violencia machista. Porque despois da multitudinaria manifestación do 7N, nove mulleres máis foron asasinadas, o que demostra que a violencia machista é un problema estrutural ao sistema capitalista.

Que é violencia machista?

Ademais dos feminicidios, que son a parte máis visible e descarnada da violencia machista, hai moitas outras formas de violencia mais silenciosas que nos esquecemos que están aí porque son o producto de determinadas leis ou dunha cultura machista que se impuxo ao longo dos séculos.

Violencia machista é a desigualdade salarial, a maior taxa de desemprego que sufrimos, a precariedade e temporalidade laboral ou o acoso sexual nos lugares de traballo.

Violencia machista é a responsabilidade e carga de traballo doméstico e de coidados que nos obrigan a asumir.

Violencia machista é a ausencia de educación sexual e en valores de igualdade. É a cosificación dos nosos corpos a través da publicidade.

Violencia machista é a dificultade de acceder a anticonceptivos gratuítos e seguros, a un servizo de planificación familiar ou as trabas para interromper un embarazo non desexado dentro da sanidade pública. Violencia machista é obrigar ás menores de 16-17 anos a ser nais contra a súa vontade.

Violencia machista é a que sofren as inmigrantes nos centros de internamento, violacións no camiño até chegar ao seu destino.

As organizacións obreiras e estudantes á fronte da loita contra o machismo

En todas estas formas de violencia e discriminación, as mulleres traballadoras levámonos a peor parte. E se somos novas, inmigrantes ou parte do colectivo LGTBI, a opresión que sufrimos é aínda peor.

O machismo e a violencia cara á muller perpetúase e mantense a través de institucións como a igrexa, a escola, a familia e sobre todo, coas medidas aprobadas polos sucesivos gobernos ao servizo de banqueiros, especuladores e corruptos.

E aínda que algúns homes saquen vantaxes persoais, quen se beneficia é a burguesía: esa minoría formada por homes e mulleres que vive apropiándose da riqueza social que producimos a clase traballadora dentro deste sistema capitalista. Os gobernos de mulleres como Merkel, Kirchner en Arxentina ou Dilma en Brasil, tamén aplican políticas de axuste. O machismo é unha ideoloxía que a burguesía mantén e utiliza para a sobreexplotación das mulleres traballadoras e para debilitar e dividir ao conxunto da clase. Por iso para nós, a loita contra o machismo é unha tarefa do conxunto da clase traballadora.

Botar a este goberno mediante o voto non é suficiente

Aos e as candidatas do PSOE, Cidadáns ou Podemos que estaban en primeira fila na manifestación do 7N, dicímoslles que non vale só con "facerse a foto" ou autodenominarse "defensores das mulleres". Queremos saber que medidas contemplan no seu programa para acabar con esta secuela social e de onde van saír os recursos para iso.

Desde Corrente Vermella, saudamos o programa dos compañeiros e compañeiras de Sindicalistas pola Unidade Popular que defenden que o primeiro é ter recursos para protexer ás mulleres e non pagar a débeda aos bancos. Que defenden suspender a débeda até garantir Educación, Sanidade e Servizos Sociais 100% públicos e gratuítos para que deixen de ser un negocio privado e un coto privado da igrexa, e para que se repartan socialmente a tarefa de coidados que agora recaen sobre as mulleres.

Nas próximas eleccións xerais o primeiro paso será botar ao PP (e os seus recambios) do goberno e romper co bipartidismo. Pero non podemos conformarnos só con isto.
Ao novo goberno que salga, sexa o que sexa, haberá que esixirlle un Plan integral contra todo tipo de violencia machista, dotado de orzamento e que a lei recoñeza como tal, as agresións a mulleres e sectores do colectivo LGTBI, que se dan tamén fóra das relacións de parella.
E iso só poderá vir da man da organización e mobilización en barrios, institutos, centros de traballo, etc. Animámosche a vir a Corrente Vermella para dar esa pelexa e construír connosco unha alternativa de clase e internacionalista que loita contra toda forma de opresión e explotación.

E o próximo 25 N todas e todos á rúa para esixir:
1- Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas. Ningunha muller sen asistencia (centros de información e acollida, asistencia médica, psicolóxica e xurídica gratuíta, etc.). Fora xuíces machistas do aparello xudicial!
2- Garantía por parte do Estado dun emprego para as mulleres maltratadas e subsidio de desemprego mentres se lles proporciona. Dereito efectivo e protexido por lei a cambio de postos de traballo e horarios para as mulleres traballadoras agredidas. Non á reforma laboral!
3- Por un parque público de vivendas en aluguer social coas miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, ao alcance das familias máis necesitadas, priorizando aquelas que teñen menores a cargo. Vivendas gratuítas para as mulleres maltratadas sen condicións.
4- Espazos gratuítos nos medios de comunicación para a difusión dunha cultura contra a violencia cara ás mulleres e os sectores máis oprimidos.
5- Educación sexual e de igualdade de xénero no ensino público. Fora relixión das aulas!.
6. Acceso público e universal a anticonceptivos fiables e a servizos de planificación familiar. Aborto libre, público e gratuíto na sanidade pública para TODAS as mulleres
7- Gardarías públicas, gratuítas e de calidade! Non aos recortes na lei de dependencia que nos responsabiliza do coidado de anciáns e persoas con discapacidade.
8- Educación, sanidade, transporte e servizos públicos de calidade. Non ás privatizacións!
9- Por unha política contra o tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.