A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego este domingo 2 de agosto, ás 20 horas, en repulsa ao dobre asasinato machista de dúas meniñas en Moraña.
Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Vigo e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocan concentracións en repulsa ao asasinato machista das dúas meniñas en Moraña. O pai de ambas menores estaba separado da nai, mais estaba ao cargo das menores ao dispor da custodia durante as vacacións de verán. Estamos ante a terceira e cuarta vítima oficial en Galiza (dado que a parella de Beatriz, a segunda muller asasinada en Galiza no que vai de ano non contabilizaría nas estatísticas oficiais, como tampouco o fai o crime aínda sen resolver da muller asasinada preto do Seminario en Ourense).
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta. Horas e lugares das concentracións:
A CORUÑA, Obelisco, ás 20 horas
FERROL, Praza do Concello, ás 20 horas
OURENSE, Subdelegación, ás 20 horas
PONTEVEDRA, Praza 8 de marzo, ás 20 horas
COMPOSTELA, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño, ás 20 horas
VIGO, no Marco, ás 20 hora