1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

manifestacompolocofGaliza - Corrente Vermelha - Hoxe hai un reforzamento da ideloxía máis reaccionaria por parte do goberno de Rajoy, co Gallardon plantexando unha nova lei do aborto que nos fai retroceder aos anos 90, o ministro Wert impoñendo a relixión nas aulas. A Xunta do PP adiantouse cando aprobou a lei de familia, prantexando como núcleo fundamental da sociedade á familia patriarcal. Co peche do Centro de Orientación Familiar é consecuente coa súa política, ir en contra da liberdade sexual das mulleres.


Esta ideoloxia esta ao servizo dunha doble moral, por un lado privatizan o servizo e por outro recortan os dereitos das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo. Impedir o peche do COF fai parte da loita contra as privatizacións e os recortes impusadas dende a UE e a Troika. O que significa a unidade con todos e todas aqueles que hoxe loitan contras estas medidas.

Neste momento histórico de convulsión social e crise dun réxime e uns gobernos máis que desacreditados, as mulleres traballadoras estamos a tomar o protagonismo nas loitas que se están sucedendo en todo o estado español. Estamos á cabeza nas mobilizacións que se opoñen aos recortes, ás privatizacións e ao desfalco dos dereitos máis básicos que con tanto esforzo a clase traballadora logrou conquistar.

Sorteando os obstáculos que a opresión e as barreiras do machismo imponnos, nós, as mulleres traballadoras, somos o referente nesta batalla contra un sistema que se alimenta das desigualdades para seguir enriquecendo a unha minoría corrupta.

As mulleres encabezamos as protestas

Na defensa polo dereito á vivenda, as mulleres están a atacar de cheo á base que sustenta ao capitalismo: a propiedade privada. No movemento contra os desafiuzamentos, como as corralas de veciñas en Andalucía, as mulleres dirixen a pelexa, e en cada ocupación das e os sen teito fan tambalear os cimentos deste sistema económico en decadencia.

En Madrid, as traballadoras da Sanidade Pública son tamén pezas chaves nas protestas e os peches en hospitais e centros de saúde, defendendo os miles de postos de traballo e o mantemento do dereito á sanidade, ameazados pola privatización e a especulación.

Do mesmo xeito, todo o Ensino Público segue en pé de guerra contra os recortes na educación. Desde as escolas infantís até a universidade, tanto profesoras como estudantes novas, as mulleres seguen resistindo á ofensiva do goberno de Rajoy e os seus secuaces nas distintas comunidades.

Un sistema e un réxime no que non hai saída para a muller traballadora

Estes son algúns das frontes nos que as mulleres, xunto cos homes da clase traballadora, están a resistir á guerra social iniciada por un goberno que segue aplicando plans de recortes, a pesar que se destapou o armazón da corrupción na que está asentado. Unha corrupción que salpica ás institucións do réxime: monarquía, Constitución, Xustiza,... demostrando que non hai saída a esta catástrofe social, na que as mulleres estamos a ser dobremente damnificadas, se non é fóra del.

Por iso, este 8 de Marzo, ten que recuperar a súa orixe, en defensa dos intereses das mulleres da clase traballadora. Non é posible manter os nosos dereitos neste sistema. Ningunha conquista é definitiva mentres siga existindo a explotación sobre a clase traballadora, que ademais recae con máis forza nos sectores oprimidos: mulleres, novas, inmigrantes,..., sobre os que o sistema capitalista impón a desigualdade, para dividirnos e debilitar a nosa loita común. Por iso os homes da clase traballadora teñen que sumarse tamén á loita contra a opresión das mulleres e en defensa da nosa emancipación, para golpear xuntos contra a opresión e a explotación capitalista.

A saída a esta crise non é outra que derrubar a estes gobernos e acabar con este réxime, nunha pelexa conxunta. Porque aínda que se convocasen outras eleccións, o goberno que entre como recambio do malparado Rajoy e PP, seguirá implantando as mesmas políticas ditadas pola Troika para rescatar a banqueiros/as e a empresarios/as, e non a traballadores/as e ao pobo.

A única solución é a saída obreira e popular a esta crise e para iso é necesario impulsar a unificación das protestas, de todos e todas as traballadoras en loita, coordinar os movementos populares, coordinadoras e organizacións mobilizadas para convocar unha Folga Xeral que consiga botarlles e que de paso ao verdadeiro programa de emerxencia que necesitamos para saír desde espolio á clase traballadora no seu conxunto.

Corrente Vermella chama á concentración polo mantemento do COF do Ventorrillo e o dereito a unha saúde sexual e reproductiva, o 8, no Obelisco ás 20h.

Foto: CIG - Manifestaçom em defesa do COF do Ventorrilho na Corunha.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.