first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: aborto  feminismo  direitos  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

300912 abortolivreGaliza - CIG - Na conmemoración este 28 de setembro do Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto


Desde a Secretaría da Muller da Confederación Intersindical Galega, ante a celebración, hoxe 28 de setembro, en todo o mundo, do Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto na que feministas de todo o mundo demandamos a despenalización do aborto, xunto co acceso a servizos de aborto seguro, queremos manifestar o seguinte:

1º. O recente anuncio por parte do goberno do Partido Popular de reformar a actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde Sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, supón un claro retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, un recorte sen precedentes na liberdade e autodeterminación en relación á nosa sexualidade e sobre a libre decisión da nosa maternidade.

2º. A responsabilidade do goberno é a de garantir os dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os sexuais e os reprodutivos, non de restrinxilos.

3º. A reforma proposta polo ministro Gallardón contradí o Tratado Internacional dos Dereitos Humanos, cuestión que foi advertida xa o pasado maio polo Comité sobre os Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU, instando ao goberno a garantir o aborto libre e de balde.

4º. A nova normativa suporá o desamparo de moitas mulleres que pertencen a colectivos desfavorecidos, como é o caso das mulleres inmigrantes (xa de por si vulnerábeis logo da retirada da asistencia sanitaria), pero tamén para todas aquelas que carezan de recursos e non lles quede outra opción que recorrer á clandestinidade, co risco para a súa saúde que isto conleva.

5º. No caso de aprobarse a reforma, só poderán interromper o embarazo aquelas mulleres que demostren ter sufrido unha violación ou que fique en perigo a súa saúde física ou psicolóxica, por tanto, dependerán da arbitrariedade do persoal facultativo e das propias xuízas ou xuíces.

Mais somos conscientes de que mesmo antes de que o Partido Popular anunciase en Madrid esta "contrarreforma" da lexislación en materia de interrupción voluntaria do embarazo, en Galiza, desde as Consellarías de Sanidade e Benestar, o Partido Popular ven acometendo reformas e poñendo en marcha iniciativas diversas dirixidas a impedir a libre elección das mulleres sobre os nosos corpos, e sobre a nosa maternidade. Porque non podemos esquecernos de que o presidente da Xunta de Galiza puxo en marcha dúas normas: a Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galiza, creadas ao abeiro da aprobación dunha Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola Red Madre e a Plataforma do Foro Español de la Familia.

Desde entón, en Galiza o labor de información e asesoramento ás mulleres recae en entidades privadas de carácter ultra-conservador e relixioso, costeando con fondos públicos a súa propaganda antiabortista, a pesares do rexeitamento de todos os grupos políticos da cámara galega, das organizacións feministas, e mesmo cun informe do Consello Económico e Social na súa contra, mesmo cualificando a norma de retrógrada e ultra-conservadora.

Por todas estas razóns, desde a Secretaría Confederal da Muller, consideramos que non podemos permitir outro ataque máis do Partido Popular, quen segue a facer concesións á ultradereita e á xerarquía da igrexa, na contra dos dereitos sociais, sexuais e reprodutivos das mulleres.

AS MULLERES TEMOS DEREITO A DECIDIR SOBRE A NOSA SEXUALIDADE, SOBRE OS NOSOS CORPOS, E SOBRE A NOSA MATERNIDADE. POR ISO, HOXE 28 DE SETEMBRO DEMANDAMOS ABORTO LIBRE E GRATUÍTO!

Margarida Corral SánchezSecretaría Confederal da Muller da CIG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.