1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

200812 mulheresemluitaGaliza - Okupa Corunha - Ante a proposta do actual goberno de modificar a lei do aborto e controlar aínda máis o corpo e vida das mulleres queremos manifestar o noso absouto desacordo e denunciar a limitación de liberdade e vulneración dos dereitos das mulleres para a toma de decisións sobre a súa maternidade.


Dende A Coruña estamos a aunar forzas para realizar diversas accións durante os vindeiros meses e amosar a nosa repulsa a tales medidas.

primeira saída á rúa está programada para o 31 de Agosto.

Por iso o mércores 22 ás 18.00 estaremos no CSOA Palavea (Rúa río Quintas 31
Xunto a OH! Coruña. próxima a Alcampo – Buses 1A, 20, 22) coordinando e xestionando as diferentes actividades e contidos da mesma. (traballo loxístico)

Tamén estaríamos interesadas en coñecer se estades organizando pola vosa banda algún tipo de evento/concentración/acción en relación co tema.

Estades convidadas a participar e construir entre todas unha acción que dea unha resposta forte contundente para defensa dos nosos dereitos. Contamos con vos!

SI Á VIDA! SI AO ABORTO!

Para mais información visitar o blogue de CSOA Palavea http://okupacorunha.wordpress.com/ , procuren no facebook ou envien email a cafesfeministas@gmail.com

Reunión de coordinación dos Movementos feministas coruñeses no CSOA Palavea: Mércores 22 ás 18:00

Non imos permitir, ou a lo menos non imos ficar caladas, frente a brutal e devastadora agresión coa que este goberno fascista e machista quere marcar e dominar os nosos corpos, as nosas sexualidades.

A nova lei do aborto non é só unha cuestión que preocupe ás mulleres, senón que tamén afecta aos homes, ás nais, aos pais, ás cativas e a os cativos e á visión enferma que está sociedade quere facer que teñamos da nosa sexualidade.

Non o permitas!

Este mércores 22 de agosto ás 18:00 da tarde, logo do xantador propresos no CSOA Palavea, haberá unha reunión aberta para coordinar as vindeiras accións que se levarán a cabo na cidade de A Coruña en contra desta nova lei, que nos fará retroceder 50 anos na visión da sexualidade e dos corpos das mulleres na sociedade.

Quedades convidadxs, vinde a comer connosco, coma sempre ás 15:00 e apoia ás persoas ás que o estado privou de liberdade ao tempo que compartes un bo rato entre compañeirxs, quédate a tomar un café e axúdanos a coordinar os nosos esforzos para que as nosas luitas non caian en saco roto, para demostrarlles que xuntxs somos muito máis poderosxs!

Agardamos por vós nesta e nas vindeiras accións que levaremos a cabo.

Foto: CIG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.