A Asemblea baixo o lema: REBELDÍA ACTIVA POLOS DEREITOS SOCIAIS pretende estimular a resposta solidaria e rebelde do conxunto da cidadanía na defensa dos dereitos sociais do conxunto da cidadanía. O colectivo migrante afectado de forma salientable pola políticas de recurtes orzamentarios e de limitación de dereitos dos diferentes gobernos, quere promover unha alianza con outras entidades e movementos sociais para revíndicar a defensa irrenunciable de dereitos sociais como, concretamente as temáticas que se van traballar na Asemblea, o dereito á alimentación, o dereito a saúde, o dereito a un emprego digno e o dereito a vivir sen acoso policial
Presentouse tamén o principal acto público da Asemblea: MARCHA E ACTO PÚBLICO: "REBELDÍA ACTIVA POLOS DEREITOS SOCIAIS" "Con saída ás 17:00h da Casa da Xuventude para despois de percorrer diferentes rúas da vila, rematar cun Acto Público con lectura dun Manifesto Revindicativo ás 18:00 h na Praza do Concello de Ribeira. Este Acto vai contar coa participación de diferentes asociación e colectivos da zona do Barbanza.
Actuacións discriminatorias contra colectivo migrante
No referente ao balanzo de actuacións discriminatorias cara ao colectivo migrante en Galicia no último ano, salientaron:
1.- No campo da persecución policial do colectivo migrante (DEREITO A VIVIR SIN ACOSO POLICIAL), en situación de irregularidade administrativa: os controis policiais en lugares públicos de transito e de prestación de servizos básicos, por motivos raciais e coa intención exclusiva de deter a persoas en situación de irregularidade administrativa. A persecución mesmo de persoas nos seus domicilios ou lugares de traballo, cando as solicitudes de autorización ou as renovacións das mesmas resultan negativas. A aplicación sistemática de procedementos de expulsións para estas persoas, cando a lexislación permite a imposición de sancións económicas (multas), que son as propias para estes incumprimentos administrativos da legalidade. A retirada tamén por sistema como medida cautelar do documento identificativo destas persoas (normalmente o pasaporte) o que dificulta de forma notable a súa vida diaria e mesmo as posibilidade de regularizar a súa situación. Noutra liña denunciamos tamén a persecución policial cara ao colectivo migrante que se adica a venda ambulante na rúa e nos semáforos, nomeadamente na cidade de A Coruña, tratando de novo como un problema policial, unha cuertión que corresponde ao ámbito de intervención dos servizos de benestar social. As dificultades e discriminaciós que sofre ás persoas migrantes na cadeas de Galicia. A pretensión do goberno central de castigar de forma penal a chamada hospitalidade, a atención solidaria cara ás persoas en situación de irregularidade administrativa.
2.- No campo das vulneracións e discriminacións no acceso aos servizos sanitarios (DEREITO A SAÚDE), salientamos o Decreto Estatal de Abril de 2012 que regulamentaba dunha nova forma o acceso ao sistema sanitario e excluía, de forma intolerable, por lei do acceso ao mesmo ao colectivo de persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa. O parche que supón o programa social do Goberno Autonómico Galego, que non impide que recollamos moitas e variadas vulneracións neste campo, non é dabondo para restituír a importancia dun dereito perdido.
3.- No campo do traballo e a actividade laboral (DEREITO A UN EMPREGO DIGNO): a situación de Crise incrementa as actuacións e actitudes discriminatorias cara a este colectivo. Aumentan as denuncias de explotación laboral de traballador@s migrantes, especialmente no ámbito do emprego doméstico, onde as modificacións lexislativas, que xeran en principio máis dereitos, provocan ás veces máis explotación laboral e máis irregularidade contractual nas mulleres migrantes que realizan esta actividade en Galicia.
4.- No campo do reparto de alimentos e acceso aós mesmos (DEREITO Á ALIMENTACIÓN),salientamos que son as administración públicas ás que deben organizar e desenvolver estes servizos básicos para a vida das persoas e non deixalo en mans de entidades sociais privadas. Propoñemos alternativas baseadas en hortas comunitarias, comedores sociais solidarios, etc, onde as persoas cultivan/cociñas os seus alimentos de forma solidaria, fronte á "indignidade" da "esmola" do reparto en almacéns ou os comedores sociais tradicionais.
5.-Recolleron tamén vulneracións no acceso ao dereito á vivenda (desafiuzamentos e alugueres abusivos) á educación ou aos servizos de benestar social.
Foto: Cossue / Flickr - Alguns direitos reservados - Ribeira sediará o encontro. Na foto, dornas no porto em Ribeira.

