1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

201112 dinheiroGaliza - FOROGI - O Foro Galego de Inmigración quer expresar a nosa indignación en relación co anuncio do Goberno Central de que estuda outorgar o permiso de residencia a estranxeiros que adquiran unha vivenda por importe superior a 160.000 euros:


1.- A medida anunciada provócanos unha fonda indignación, xa que hai entre 8.000 e 10.000 persoas inmigrantes en Galiza en situación de irregularidade administrativa, máis de 600.000 no conxunto do Estado, residíndo con nós ao longo de varios anos, privados pola súa situación de moitos dereitos humanos fundamentais. Sometidos, ademáis cun notable incremento nos últimos meses á persecución policial, que supón a detención e o incoamento de procedementos de expulsións a persoas que só cometen unha falta administrativa nun marco lexislativo que impide ademáis na práctica a súa regularización ata que leven tres anos residindo no noso territrorio. Ademáis nestes últimos meses percibimos un aumento importante das expulsións efectivas que se veñen realizando en Galicia, co importante custo económico para o Estado que iso supón, por certo. Son moitas veces, esas persoas perseguidas e detidas, as persoas que coidan aos nosos maiores ou enfermos, que levan aos seus nenos e nenas aos nosos colexios ou que mercan nos nosos centros comerciais.

2.- Foron moitas veces as que este Foro, como moitas outras asociacións e entidades do Conxunto do Estado, propuxo un cambio na Lei de Estranxeiría, para humanizar as condicións de vida destas persoas inmigrantes en situación irregular. Sempre houbo por parte dos gobernos do Partido Popular unha constante negativa a aceptar estes cambios; ao revés a Lei fíxose máis dura e perfeccionáronse os mecanismos de persecución das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. Nese contexto sería intolerable que se pretenderá modificar a Lei para permitir agora a entrada libre de inmigrantes ricos ao tempo que se persegue e se expulsa aos inmigrantes residentes en España que pasan por unha situación de pobreza e exclusión social e de carencia de dereitos básicos.

3.- Por último, as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa son obxecto habitual de explotación laboral e sexual; vítimas de redes de trata de persoas e doutras actividades delictivas. Actividades que son a base de moitas das fortunas que determinadas persoas acumulan en determinados países. Nomeadamente entre cidadáns dos países aos que o goberno dí que vai dirixida esta medida. Non vai preguntar, tampouco o Estado Español nin o conxunto da Sociedade Española a orixe deses cartos que se van invertir en mercar vivendas aquí, permitíndo a obtención dunha autorización de residencia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.