1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

101014 estGaliza - LEG - Dende a Liga Estudantil Galega damos difusión ao seguinte texto dunha serie de estudantes estranxeiros de doutoramento ante a abusiva suba de taxas (do 100%) para este segmento do estudantado.


"Como estudantes de doutoramento queremos sacar á luz unha arbitrariedade que á vez nos fai suxeitos dunha discriminación por medio do Reitor cara a comunidade estranxeira que cursa os diferentes graos, masters e doutoramentos da USC.

Dada a resolución reitoral do 17 de Xullo de 2014, pola que se establecen os prezos públicos correspondentes aos estudos de grao, máster e doutoramento, cursados polo alumnado estranxeiro, maiores de 18 anos, que non teñan condición de residente (anexas resolución e DOG 123 pax 29520) e que nos aumenta no 100% a matrícula para o ano académico 2014/2015 e de acordo ca Lei Orgánica 6/2001 e o Real Decreto Lei 14/2012 do 20 de Abril, derivados do artigo 81.3b onde se determina que serán as comunidades autónomas quen fixen os prezos públicos que poderán cubrir até o 100% dos custos do ensino universitario de GRAO e MASTER, sen mencionar o DOUTORAMENTO.

Do mesmo xeito, no DOG num 123 do 1 de Xullo de 2014 non existe variación nos prezos por Titoría anual de doutoramento, e non distigue ao estudantado estranxeiro.

A mesma lei menciona que para modificar os prezos públicos de outros estudos, deberán ser fixados polo Consello Social (art 81 3b, parágrafo 5º, Lei Orgánica 6/2001 e a normativa da Lei 6/2013 no seu artigo 75 3f), que segundo as publicacións dos acordos nos últimos meses non levou a cabo esta modificación.

Por isto, o Reitor ao firmar dita resolución podería estar violando as diferentes leis e regulamentos e posiblemente se estea dando un caso de prevaricación."

Dende a Liga Estudantil Galega, ao mesmo tempo que apoiamos as reclamacións do estudantado estranxeiro de doutoramento, tamén facemos mención ao inexplicábel incremento de prezo do estudantado de Master, onde neste último caso a matrícula poderá verse incrementada até nun 300%, chegando ás cifras inasumíbeis de entre 3.000 e 4.000€. Este non é xeito de fomentar a internacionalización, senón un mecanismo máis para devaluar o ensino público e a transmisión do coñecemento, poñendo por diante a recadación de recursos económicos antes da necesidade de mellorar a calidade da ensinanza, o que debería ser obxectivo prioritario dunha institución universitaria.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.