1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

9477335277 1c510baf27 zGaliza - AGPTI - Organizan un acto o 30 de setembro na Biblioteca Juan Compañel de Vigo, ás 19.00.


Foto de Jesús Solana (CC by/2.0)

En conmemoración do finamento de Xerónimo de Estridón, patrón dos tradutores e tradutor da Biblia ao latín, o 30 de setembro celébrase en todo o mundo o día da tradución

Este ano, a AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación) escolleu esta data para presentar a «Guía práctica para o inicio da actividade profesional da tradución ou da interpretación», unha ferramenta elaborada coa colaboración dos socios e socias profesionais para botar un cabo a estudantes e licenciados/as en Tradución e Interpretación que se queren aventurar no mundo profesional e non saben por onde comezar.

O acto terá lugar o próximo día 30 de setembro ás 19:00 horas en Vigo, na Biblioteca Juan Compañel (no Casco Vello, na rúa Joaquín Yáñez) e contará coa colaboración de diversos/as tradutores/as e intérpretes profesionais que explicarán de primeira man os seus comezos no mundo laboral. Ademais, as solicitudes de alta como socia ou socio de AGPTI que se reciban durante a semana do Día da Tradución (do 29 de setembro ao 5 de outubro) en secretaria@agpti.org ou no propio acto do día 30 non pagarán cota de asociados/as até 2015.

Ao rematar o evento, poderemos seguir a compartir experiencias e inquietudes cuns petiscos cortesía da asociación.

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación naceu no ano 2001 co obxectivo de facer oír os intereses dos tradutores e intérpretes e dar a coñecer o seu importante labor. Ademais, este colectivo desenvolve un importante papel na defensa do galego e na súa normalización e organiza numerosos actos, mesas redondas, cursos de formación e conferencias ao longo do ano relacionados co mundo da tradución e da interpretación. Por exemplo, no pasado mes de abril, a asociación encargouse, en colaboración con Tremédica, da celebración das X Xornadas Científicas e Profesionais de Tradución Médica que tiveron lugar en Vigo. A presentación da guía o martes día 30 será unha boa oportunidade para pedir máis información sobre a AGPTI e profundar nas vantaxes de formar parte dela.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.