1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

mapagalizanosupGaliza - BerzoDiário - [Héctor M. Silveiro] Foi no ano 2002 cando con motivo da celebración do Día das Letras na honra de Sarmiento a Real Academia Galega se desprazou a Vilafranca para por vez primeira na súa historia a celebrar unha sesión no Bierzo. Non será a última. Hai ben pouco realizáronse unhas  Xornadas na nosa comarca que volvían poñer de manifesto a fonda relación que Galicia e o Bierzo teñen e o desideratum de homenaxear a un autor da nosa comarca nun Día das Letras Galegas.


As Xornadas de Autor que este ano dedicou o Instituto de Estudios Bercianos ao autor berciano e galego, Ramón González Alegre e nas que se evidenciou esa relación que por certo ten este autor co escritor que a Academia escolleu este ano para homenaxear no Día das Letras do 2013, Roberto Vidal Bolaño (1950-2002). Ambos foron dramaturgos, pero se cabe, a González Alegre tocáronlle vivir tempos máis difíciles para o teatro. Falamos, por suposto, do teatro escrito en galego. Ramón non só escribiu unha boa parte das súas obras de teatro en galego, senón que localizou moitas delas no Bierzo, facendo uso de tipos e personaxes bercianos, inspirouse eiquí e ademais na súa estancia en Vilafranca asina un feixe delas, como deixou escrito tamén que llas dedicaba "aos galegos falantes do Bierzo, sempre".

Eran os anos sesenta e tan só dez anos despois Roberto Vidal Bolaño en Compostela comezaría un labor encamiñado primeiro á profesionalización do teatro galego, fundando  compañías de Teatro (Grupo Antroido e logo Teatro do Aquí) para, en segundo lugar, e coa volta da democracia, procurar a institucionalización da arte dramática coa creación do Centro Dramático Galego.  Pero Ramón, o noso autor xa non puído disfrutar destes logros dos que el sería un entusiasta e activo seguidor, seguramente reclamando que o Bierzo estivese incluído nos circuítos teatrais que se promocionan dende  Galicia. Ramón tívose que conformar  coa elaboración dun teatro destinado máis á lectura que á representación. A Ramón e a Roberto arrebatóunolos a Parca da escena da vida cando máis e mellor producións estaban facendo, a un aos corenta e oito, e ao outro con cincuenta e dous anos.

Hai outra curiosa relación de Vidal Bolaño co Bierzo. Vén de ser editado por Edicións Positivas, que dirixe o berciano e galego  Francisco Macías. Editor moi audaz que se atreveu coa publicación de cinco tomos coas Obras Completas de Vidal Bolaño, un dos máis prolíferos dramaturgos de Europa dos últimos tempos, tan recoñecida e premiada obra como voluminosa (máis de trinta títulos orixinais, ademais de varias adaptacións, guións de cinema, etc...)

Por último, non quixeramos esquecer outra edición que nesta mesma data do 17 de maio, pero de 1863, Rosalía de Castro publicou o seu libroCantares Gallegos, hai polo tanto 150 anos, o que converte esta celebración do Días das Letras nunha celebración  dupla. Tamén neste libro que marca o Rexurdimento Pleno da Literatura Galega do XIX ten unha relación clara cun autor galego e berciano, o Padre Martín Sarmiento que ao escribir o seu Coloquio de 24 galegos rústicos ou de 1200 coplas converteuse en modelo e referente en canto á forma, ao estilo e a filosofía da obra dos Cantares de Rosalía.  Galegos e bercianos podemos e debemos celebrar xuntos un Patrimonio que compartimos e elaboramos ao longo dos séculos colectivamente, o da Literatura Galega.

* Héctor M . Silveiro Fernández. Membro correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega.

Foto: Nós-UP - Mapa da Galiza


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.