1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

lomce-copia-2Galiza - Aula Castelao - A "Aula Castelao de Filosofía", asociación constituída por profesionais dedistintas ramas do saber, que traballan nos eidos intelectual e docente paratransformar Galicia nunha sociedade de cidadáns e cidadás libres, iguais e solidari@s, á vistadas propostas estabelecidas polo Ministerio de Educación no seu borrador do Anteproxecto de LeiOrgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) desexa manifestar:


Que é obriga do Estado como reitoría política e xurídica da sociedade territorial, garantir unha educación pública, igualitaria e de calidade para o conxunto da cidadanía que integra o devandito Estado. Que a educación pública non está garantida dende o intre en que:

· Se segrega a poboación no seu acceso á formación en valores éticos, facendodesaparecer dita formación do currículo obrigatorio e converténdoa nunha alternativa laica para poder xustificar o adoutrinamento relixioso dentro do sistema escolar público.

· Se elimina o ensino da historia do pensamento (historia da filosofía) do currículo obrigatorio de segundo de bacharelato para a marxinar como unhaopción a cursar nas especialidades humanísticas de bacharelato, condenando deste xeito os alumnos e ás alumnas á perda dunha aprendizaxe fundamental como ferramenta de comprensión e análise crítica do Mundo.

· Se equipara, no currículo académico, o valor dunha crenza e principio de actuación privada como é a relixión, coas disciplinas académicas.

· Lles deturpan os seus dereitos lingüísticos a todos aqueles cidadáns do Estado que non teñen como lingua única o castelán.

· Se peneira a poboación no seu acceso á educación dende idades moi temperás e se especializan os centros de xeito que non hai unha garantía deacceso en condicións de igualdade á formación no ensino público en todo o territorio do Estado.

Por todas as razóns anteriormente expostas a Aula Castelao de Filosofía como asociación solicita do Ministerio de Educación a retirada do citado Anteproxecto.

Foto: Ansiago


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.