1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

544761 500894356602447 169894554 nGaliza - UDC em luita - O día 7 de Novembro, unha morea de colectivos, asociacións e persoas a título individual, levarán a cabo un encerro na Facultade Económicas do Campus de Elviña, baixo a reivindicación común contra os recortes no Ensino público, e polo tanto a supresión do Real Decreto-Lei 14/2012, do 20 de abril de 2012. Con este Decreto, o Ministerio de Educación pretende recortar o presuposto do ensino público.


Este e outros ataques que o neoliberalismo está a desenvolver contra a Educación, lexitiman os nosos esforzos na defensa de un futuro con dereitos sociais para tod@s. Consideramos que as accións que o Goberno do Partido Popular ten emprendido en materia de ensino, supoñen un retroceso en canto a igualdade, pois é a ensinanza pública un dos poucos medios con os que contamos para equilibrar a balanza da equidade social, que novamente se ve ameazada con este recorte.

O estudantado e persoal da UDC, non ficaremos calados ante a merma dos nosos dereitos colectivos xa moi erosionados pola xestión da crise económica.

Actividades:

MÉRCORES 7

  • 12:00. Recollida de asinaturas pola dimisión de Wert na Facultade de CC. da Educación
  • 17:00. Trae pinturas e Fai o teu cartaz! Recibidor da Facultade de Económicas
  • 19:00. Debate. "Cal é o papel da Universidade Pública na crise?". 6 preguntas, un minuto por resposta...

Participarán no debate (por confirmar):

  • Asemblea UDC en Loita
  • Liga Estudantil Galega
  • Comités
  • Sindicato de Estudantes
  • IESGA
  • Rede

Rolda de preguntas do público ós/ás membros das organización.

-          20.30. Asemblea.
-          21.30 Cea Popular.
-          22.30:
o        Proxección do documental "La educación prohibida".
o        Aulas populares: Compartimos o coñecemento (software libre, estadística...)

 

XOVES 8
-          08.00-08.30: Cafetada Popular
-          11.30: Concentración na rotonda. Contra os recortes en educación!!!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.