1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

271012 galegosoGaliza - Galiza Hoje - Preocupante paso atrás na protección do idioma matrio, cada vez menos utilizado mesmo na comunicación institucional da propia Xunta e moi esvaído na Función Pública e nas escolas de Educación Infantil.


Expertos lingüísticos do Consello de Europa alertan, logo de se entrevistaren con altos cargos da Xunta, que as medidas adoptadas polo Partido Popular dende o ano 2009 van en contra do acordado polos estados asinantes da Carta Europea das Linguas Minoritarias, que recolle as medidas que deben tomar os gobernos para preservar a biodiversidade lingüística do continente.O acordo asinado hai 20 anos esixe ós gobernos dos territorios con linguas minoritarias que garantan a educación nestes idiomas. Os expertos da institución europea consideran que Galicia, con todo, deu coa política lingüística de Feijóo un “preocupante” paso atrás na conservación do idioma matrio, coa redución das clases en galego en todos os niveis educativos e coas tesoiradas na súa estrutura de apoio. O documento empraza á Xunta “a tomar medidas para que a introdución do modelo trilingüe obrigatorio [que divide as horas de clase entre o castelán, o galego e o inglés] non afecte desproporcionadamente á educación en galego”. Os expertos lembran a obriga de ofertar “educación enteiramente ou esencialmente en galego para aqueles alumnos cuxos pais así o desexen”, opción que implantou o bipartito e que o Goberno de Feijóo eliminou.

O Consello de Europa critica a supresión das aulas de Educación Infantil implantadas durante o bipartito en 42 colexios das cidades por desexo dos pais e a dirección dos centros e nas que se impartían as clases case ó 100% en galego. Os técnicos do Consello de Europa rexeitan tamén a supresión das galescolas, creadas polo BNG no bipartito para implantar o ensino en galego aos pequenos de até tres anos. O Goberno de Feijóo cambiounas pola reda da Galiña Azul e prescindiu da orientación de ensino en galego para nenos castelanfalantes.

Por último, o informe lamenta tamén a desaparición de todos os medios impresos só en galego, critica a falta de datos sobre a formación de funcionarios na nosa lingua matria para normalizar o seu uso en todas as actividades e trámites administrativos e asegura -segundo a información que publica hoxe Sonia Vizoso no diario 'El País'- ter probas de que as autoridades da Xunta utilizan cada vez menos o idioma propio de Galicia nas mensaxes institucionais.

Foto: Nós-UP


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.