A nova Coordinadora Galega de ANPAs do Rural inicia unha actos de protesta contra a decisión da Consellería de Educación de suprimir unidades e eliminar profesorado nos colexios do rural. A entidade asegura que pais das provincias de Lugo e Ourense xa manifestaron a súa intención de sumarse a esta iniciativa.
As familias que integran estas ANPAs esixen para os nenos e nenas do rural o acceso a unha educación digna, de calidade e con garantías de continuidade no tempo. En particular, esixen medidas concretas para garantir a “igualdade de oportunidades” e que se poña freo ao abandono do rural.
O primeiro acto de protesta terá lugar o vindeiro mércores 12 en Santiago de Compostela, coincidindo coa apertura do curso académico en Infantil e Primaria.
Os pais convocan unha manifestación e un acto de recibimento ás ANPAs da montaña luguesa que durante este verán estiveron a realizar o camiño de Santiago. En Santiago, Confluirán ANPAs do rural lugués e ourensán, que marcharán ás 12 da mañá desde a praza do Obradoiro ata San Caetano, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.
Nais e pais advírtenlle ó Goberno autonómico que "mentres a Xunta non recúe non deixarán de manifestar o seu desacordo ante esta agresión a un dereito fundamental dos seus fillos, como é o dereito a unha educación pública e de calidade".
A nova plataforma oponse a esta política de recorte do profesorado e demanda “menos cartos para os bancos e máis para a educación pública” no contexto económico actual.
Foto:


