1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

100312_galegoPradoGaliza - Esculca - O caso de alegado delito de falsificación de documento público do Concello de Nigrán denunciado por C.G.C., que participou na oposición para a provisión de 5 lugares de auxiliar administrativo o pasado mes de xuño e denunciou posteriormente a entidade por vulneración de dereitos linguísticos, continúa pendente de resolución.


Despois de ver que lle era negado o dereito a realizar o exame en galego, C.G.C. presentou recurso perante o Consello e a Consellaría de Presidencia, xunto cunha declaración xurada asinada por várias das persoas que participaron na mesma proba e corroboran a veracidade da denuncia. Ao comprobar a existencia de irregularidades nas datas da documentación enviada polo concello á Consellaría para xustificar a súa actuación, o denunciante remitiu o expediente  ao Valedor do Pobo e á Fiscalia de Vigo por se se tivese cometido un delito de falsidade de documento público.

O día da primeira proba, 6 de Xuño, C.G.C. solicitou que lle fose entregado o texto do exame en galego, ao que un membro da Comisión de selección teria contestado afirmando que non era preciso, que "xa estaba falado co secretario" (afirmación que o propio secretario desmentiu) e que "non revolvese no asunto". A Comisión tampouco proporcionou a posibilidade de realizar o exame en galego na segunda proba (22 de xuño). No entanto, cando foi requerido pola Consellaría, o Concello si enviou os textos en galego (1 mes máis tarde)  mais, presumibelmente por teren sido traducidos forza de prazo, con datas posteriores ao início da oposición.

Foto: Prado da Canda - Manifestaçom em Compostela em defesa do galego.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.