1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310116 botasGaliza - CNT - A Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda alerta unha vez máis da falta de medios e material en materia de seguridade e prevención para a realización do seu labor nos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda.


O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón” insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas” como declara un dos bombeiros guardeses.

Tras as declaracións en prensa o pasado ano por parte do Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español anunciando a chegada de novo equipamento e medios, a realidade é que os GES continúan na mesma situación de precariedade co agravante do continuo deterioro e desgaste que sofren os medios e materiais en cada intervención.

Segundo CNT, esta situación “fácilmente solventable con vontade política” constitúe un importante risco a maiores para a integridade física dos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias nun traballo xa perigoso de por si, tal como se lle deu traslado ao Concello da Guarda que é “perfectamente consciente” da problemática dos GES que, recordan “repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”.

Segundo indican fontes do sindicato agárdadase que a reunión comprometida co Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español para esta primeira semana de febreiro “impoña racionalidade” antes de que ocorra algunha desgracia evitable.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.