1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280116 extelGaliza - CIG - Paralisaçom de 24 horas é concentraçom diante de Extel entre as 12 e as 13 horas.


A Sección Sindical da CIG en Extel (empresa subcontratada por grandes compañías como Movistar para realizar servizos de atención telefónica) ten convocada para este xoves, 28 de xaneiro, unha xornada de greve de 24 horas na plataforma da Coruña en rexeitamento ao peche dun departamento no que traballan preto de 60 persoas.

O pasado 15 de xaneiro, Extel comunicaba a intención de pechar a finais deste mes un departamento completo dedicado a vendas para Movistar (denominado Emisión Norte), que nestes momentos ocupa a 56 traballadores e traballadoras. Boa parte deste persoal ten contrato indefinido e é do que conta con máis antigüidade na empresa.

Nas reunións celebradas esta semana para tratar este asunto, a dirección de Extel confirmou a redución da actividade neste departamento, recalcando que non existe posibilidade de reubicación dos traballadores e traballadoras afectadas sen que haxa unha modificación substancial das súas condicións laborais actuais.

Neste senso, Susana Nogueira, da Sección Sindical da CIG, explica que na xuntanza realizada esta mesma mañá, Extel informou que de momento vai recolocar a este persoal noutros departamentos, “mais todas as traballadoras e traballadores da quenda de mañá (arredor de 40 persoas) pasarán a estar na quenda da tarde, e nin sequera se respectan as gardas legais”.

Ademais, a empresa tamén pretende modificar os horarios do persoal que está de tarde, polo que xa anunciou o inicio dun período de negociacións para aplicar unha modificación substancial colectiva das condicións laborais.

Diante desta situación, a CIG decidiu convocar greve para mañá, xoves 28, e unha concentración de 12:00 a 13:00 horas diante das oficinas de Extel no Edificio Proa (rúa Enrique Mariñas, Matogrande).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.