1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

231115 composGaliza - CNT - A sección sindical da CNT en Médicos sen Fronteiras ven de interpoñer conflito colectivo contra a empresa solicitando a nulidade da cláusula sétima unida a todos os contratos de traballo referidos á categoría de capatadores/as no centro de traballo da ONG Médicos sen Fronteiras de Santiago de Compostela.


A ONG Médicos sen Fronteiras ven incluíndo de xeito unilateral e xeneralizado en cada contrato de traballo suscrito polo personal con categoría de capatador , unha cláusula de obxectivos mínimos, en virtude da cal o/a traballador/a firmante queda obrigado ao cumprimento duns obxectivos mínimos, que, no caso de non ser acadados en tres meses consecutivos, poden supor o despedimento do/a traballador/a.

A Sección Sindical da CNT denuncia que esta cláusula non é pactada, senón imposta con carácter colectivo pola empresa, sendo unha cláusula de carácter abusivo e nula que a empresa impón aos traballadores, sen que estes teñan forma de facer contrapopostas ou modificala, senón simplemente aceptar ou non. Ata tal punto é así que a empresa resérvase o dereito de modificala unilateralmente cunha simple comunicación ao/á traballador/a.
Dita cláusula é abusiva e non obxectiva, pois os resultados de captación non poden ser atribuidos á labor do/a traballador/a senón que dependen exclusivamente da planificación da empresa. A cláusula resulta nula e abusiva toda vez que o establecemento das condicións para acadar os obxectivos impostos depende da empresa, e, en consecuencia, non acadar os obxectivos impostos por parte de traballadores/as sometidos a peores condicións é responsabilidade da empresa.

A Sección Sindical denuncia que a cláusula resulta abusiva e nula porque o rendemento imposto non é razoable, posto que non se teñen en conta os diferentes plannings semanais impostos tamén pola empresa, e tamén porque non existe un termo comparativo en condicións homoxéneas que permita evaluar o rendemento, ao esixirxe os mesmos resultados ante condicións diferentes impostas a diferentes equipos pola empresa aos diferentes grupos de traballo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.