1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

131015 subrGaliza - CIG - O pré-acordo atingido prevê a equiparaçom salarial de todos/as os trabalhadores/as sub-rogados/as


Os traballadores/as de Althenia, nova concesionaria do servizo de mantemento das zonas verdes de Vigo, ratificaron esta mañá por unanimidade un preacordo que pon fin á discriminación para 10 traballadores/as subrogados/as aos que a empresa se negaba a equiparar salarialmente. Poñen fin, deste xeito, a doce xornadas de greve nas que o Concello se inhibiu por completo na resolución do conflito.

Despois de máis de 10 horas de reunión, representantes sindicais e da dirección de Althenia, coa mediación da AGA, asinaban o día de onte un preacordo para dar solución ao conflito xerado trala negativa inicial da empresa de non equiparar dez traballadores subrogados (nove forestais e un de Balaídos) ás condicións do restante persoal, adscrito ao convenio propio. Esta discriminación, que suporía diferenzas de até 6000 euros anuais entre traballadores/as da mesma empresa, foi o detonante dunha greve de doce días que, para a CIG-Servizos, con 7 de 9 delegados no comité de empresa, “remata de xeito satisfactorio”.

A fórmula acordada para o abono da diferenza salarial destes dez traballadores, adscritos ao Convenio Estatal de Xardinería até a sinatura dun novo convenio propio, será a dun complemento salarial “por importe de 100 euros brutos”, nomeado “anticipo a conta de convenio”. No momento da sinatura dun novo acordo colectivo para o servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo, que se empezará a negociar antes de que expire o actual a fins deste ano, “abonaránse aos traballadores a diferenza entre o percibido en virtude de ditos anticipos e a contía derivada da equiparación salarial”. Ademais, Althenia aplicará con efectos retroactivos a 1 setembro “as condicións salariais e a xornada” aplicábeis ao restante persoal para o grupo afectado.

O acordo contempla tamén a afirmación de que todo o cadro deberá rexerse por un único convenio colectivo, para o cal a parte sindical e a empresarial acordan a constitución dunha comisión negociadora “antes do 29 de outubro de 2015”. Ademais, e para evitar a “inaplicación unilateral” do acordo en base ás posíbeis dificultades que poidan xurdir, a empresa contemplará as “medidas de racionalización” pertinentes que garantan os termos económicos do pacto acadado.

Unidade do persoal durante todo o conflito

Durante estes doce días de loita, o persoal realizou numerosas accións para visibilizar o conflito, como protestas no pleno e peche en instalacións do Concello para esixir a mediación do goberno municipal, unha concentración durante a botadura dun buque en Barreras ou unha acampada que se prolongou varios días até o fin da greve diante do edificio consistorial. En toda a greve, salientan, o Concello presidido por Abel Caballero “foi un elemento pasivo” para a resolución do conflito, que “debería ter aberto expediente á empresa” tras 11 días sen cumprir o prego de condicións da concesión.

Desde o comité de empresa agradecen, así mesmo, as mostras de solidariedade e apoio amosadas polo pobo de Vigo, conscientes das posíbeis molestias xeradas durante a greve. A normalidade voltará a partir da xornada de hoxe, na que se reincoporará todo o persoal ao seu traballo habitual.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.