1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2012042711291956506Galiza - Sermos Galiza - En setembro o número de persoas rexistradas no desemprego aumentou en 2.005 mentres que se incrementou nun 15,3% o volume de contratos laborais subscritos. Non é maxia, lembran os sindicatos, senón un exemplo claro da temporalidade e precariedade.


O mes de setembro despediuse de Galiza deixando 2005 persoas máis inscritas no paro rexistrado, elevando así até 215.737 as persoas no paro no noso país. Os dados, porén, son mellores se a comparativa é inter-anual, é dicir, co mes de setembro de 2014. De aquela a agora hai 22.466 desempregad@s menos en Galiza.

Mais poucos dados positivos máis se poden tirar dos informes sobre o desemprego e a afiliación á Seguridade Social dados a coñecer nesta sexta feira polo Ministerio de Emprego español. Das 215.737 persoas rexistradas no desemprego, a maioría están no sector servizos (137.331), seguidas da industria (perto de 27.000) e da construción (con 25.700). Sen emprego anterior hai rexistradas 18.526 persoas.

Temporalidade

En setembro o paro aumentou en 2005 persoas en Galiza mais en setembro o número de contratos asinados volveu a niveis de récord no noso país: 87.553, un 15,2% máis que no mes anterior. Se ben en xullo subscribíranse máis de 100.000 contratos, en xuño andaban nos 85.000 os asinados e en maio nos 68.000. Increméntase o desemprego en setembro e paralelamente soben os contratos laborais que se fan. Como denuncian reiteradamente os sindicatos, non é cuestión de máxia, é temporalidade e precariedade.

Así, asínanse cada vez máis contratos porque cada vez eses contratos son de menor duración. A principios de verán, e cunha vista aos primeiros meses do presente ano, por volta de un terzo dos contratos que se asinaban duraban menos de sete días.

Dos 87.553 contratos firmados en setembro, máis de 81.000 foron temporais e só 6.097 eran de carácter indefinido. O 95% dos contratos que nese mes se fixeron no noso país foron, logo para emprego temporal.

109.000 parados en Galiza sen cobrar prestación

Outro dado para a preocupación que se extrae dos informes publicados esta sexta polo Ministerio. En Galiza, máis da metade das persoas que están no paro rexistrado non cobran prestación. Deses 215.737 parados, os beneficiarios dunha prestación por desemprego son 106.539. Ou sexa, hai 109.198 desempregadas en Galiza que non perceben esa prestación


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.