1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2245694281 d7935f835c zGaliza - AS/DL - As seccións sindicais de CUT e CGT de PSA Peugeot Citroën (Vigo), acolleron a reunión celebrada entre estas organizacións, existindo representación da CUT de Galiza e a CGT-FESIM, encabezada polo seu Secretariado Permanente, así como delegacións das seccións sindicais de GM, VW, Seat, PSA Peugeot Citroën (Madrid), ao obxecto de tratar a situación actual da Seguridade e Saúde dos traballadores e traballadoras no sector do automóbil.


Foto de Alejandro Arce Herrero (CC by/2.0/) - Fatoria da Citröen em Vigo.

Manifestaron e coincidiron no seguinte:

Constatan que "existe unha deficiente formación e información sobre a prevención en materia de riscos laborais, tanto nas empresas matrices como nas auxiliares do automóbil, que incumpren en moitos casos a normativa legal e pon en risco a saúde do persoal".

Senten que "declinasen a súa presenza os compañeiros doutros sindicatos de clase", e esperan que poidan coincidir "nas conclusións que desenvolvemos nesta xornada, e nas futuras que se celebren".

Constatando que os problemas de Seguridade e Saúde son comúns para todos os traballadores/as, acordaron colaborar en materia de Seguridade e Saúde, compartindo a información e así transmitir mellor aos/as traballadores/as como defenderse ante os incumprimentos das empresas e das mutuas.

Viron a necesidade e comprometérense a realizar xornadas formativas, co apoio de CGT FESIM, e CUT Galiza abertas a todos os/as traballadores e traballadoras nas que se informará de todos os aspectos que se deben coñecer para "defendernos das accións das empresas e mutuas e dos seus incumprimentos en materia de Seguridade e Saúde".

Por último, transmiten a todos os traballadores e traballadoras que non se conformen nin admitan o que “lles digan” dende a empresa ou mutua. Que hai ferramentas legais, e sobre todo sindicais, para facerlle fronte e conseguir mellorar esta situación.

Tanto a CUT como a CGT, comprométense a apoiar e defender a todas aquelas persoas que queiran defender o valor máis importante que temos; a saúde e a vida. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.