1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

270815 slgGaliza - SLG - Proseguindo as mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego neste mes de agosto, hoxe serán as localidades de Curtis e Teixeiro as que contemplen ao mesmo moverse pola súa supervivencia.


A ausencia de resposta política, ofrecendo solucións estruturais e de amplo alcance, convirte en especialmente necesarias respostas contundentes e firmes por parte do sector.

Mentras en Estados do noso entorno -aí está o caso de Francia-, as autoridades non se agochan en obstáculos legais e se poñen en marcha acordos coa industria e a distribución que permitan subir o prezo que reciben os produtores/as, a situación do sector en Galicia é dramática, con prezos que en tantísimos casos non cobren custes de produción.

Non sendo isto novidoso, na actualidade a situación adquiriu rasgos de dramatismo. Entre tanto, os poderes públicos mantéñense realmente na inoperancia, alegando -como é costume- supostas “dificultades legais”.

Repercusións particularmente graves ten isto en comarcas como a que hoxe se mobiliza, ao tratarse a produción láctea dun dos piares fundamentais da economía. Por iso é necesaria a implicación social e institucional na defensa do sector nas mobilizacións que ao longo do mes de agosto se desenvolven en diversas localidades galegas.

A loita continúa ... en tractores e a pe. Hoxe en Curtis e Teixeiro, entre as 11:30 e as 14 h. Desde o SINDICATO LABREGO GALEGO facemos un chamamento á sociedade en xeral para que defenda un sector tan importante para o país como o é o lácteo na mobilización impulsada pola Plataforma en defensa do sector lácteo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.