1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040715 coruGaliza - CIG - A empresa de telemarketing aplica sancións disciplinarias baseadas en cuestións subxectivas.


Máis do 80% do cadro de persoal de Extel da Coruña secundou hoxe unha nova xornada de greve contra o asedio e a explotación laboral, ao tempo que arredor de 70 traballadores/as desenvolveron unha concentración na Praza de Pontevedra ao mediodía. Dende a CIG denuncian que a empresa de telemarketing que presta servizos de atención telefónica para Movistar está a aplicar numerosas sancións disciplinarias baseadas unicamente en criterios subxectivos.

Dende a CIG explican que a plataforma de telemarketing Extel, situada no barrio coruñés de Matogrande, está a desenvolver unha campaña sistemática de asedio ao seu persoal, aplicando sancións que van dende os 5 até os 47 días e que se intensificaron nos últimos meses, baseándose unicamente en cuestións subxectivas como “atender con desgana” ou “falta de empatía”.

Esta presión sobre os traballadores/as está a provocar baixas médicas por problemas de saúde laboral como ataques de ansiedade, até o punto de que se deron casos nos que algúns empregados/as tiveron que abandonar o centro de traballo en ambulancia.

Diante disto, o cadro de persoal -integrado por arredor dun milleiro de persoas- decidiu iniciar un calendario de mobilizacións que se mantén dende hai máis dun ano e que inclúe a convocatoria de varias xornadas de greve como a que tivo lugar no día de hoxe. O paro laboral, promovido pola CIG e a CGT, foi secundado por máis do 80% do persoal tanto na quenda de mañá como na de tarde.

Ao mesmo tempo, arredor de 70 traballadores/as aproveitaron a xornada par desenvolver unha concentración á portas da tenda de Movistar da Praza de Pontevedra, onde despregaron unha faixa e berraron consignas contra o acoso e explotación laboral. As organizacións sindicais convocantes anunciaron protestas continuarán nos meses de agosto e setembro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.