1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110515 tarifaGaliza - CIG - A Sección Sindical da CIG asevera que a solución pasa por estabelecer unha Tarifa Eléctrica Galega.


Traballadores/as de Alcoa, acompañados/as por persoal doutras industrias con grandes consumos enerxéticos, manifestáronse na tarde deste venres polas rúas da Coruña en defensa dos empregos, do tecido industrial da comarca e en rexeitamento ao actual marco tarifario, que supón un serio atranco para o mantemento e o desenvolvemento da nosa industria de base.

A marcha, convocada polo Comité de Alcoa Inespal, saía pasadas as 20:00 horas dende a Praza de María baixo o lema "Estabilidade enerxética xa. Futuro para a industria" e rematou diante da Delegación do Goberno, onde se deu lectura a un comunicado.

Julio Moskowich, delegado da CIG no Comité de Alcoa, denunciou que o actual sistema eléctrico, e nomeadamente a regulación da adxudicación da chamada interrompibilidade, "é incompatíbel coa viabilidade da industria pesada galega", porque este modelo non garante a permanencia das grandes industrias consumidoras de enerxía nin dos empregos que xera.

Neste senso, lembrou que o sistema de adxudicación da interrompibilidade (con carácter anual) xera incertezas nas industrias sobre o prezo futuro da enerxía, pero ademais, resulta perverso porque favorece a competencia desleal e mesmo facilita que as empresas acudan a poxa con ánimo de "perdela" para xustificar despois axustes laborais.

Fronte a este marco inestábel, Moskowich asegura que a solución pasa por cambiar a regulación de todo o sistema eléctrico e tarifario e estabelecer unha tarifa eléctrica galega que nos permita ter prezos máis baixos para defender a nosa cativa industria e favorecer os sectores produtivos básicos, "porque somos produtores e exportadores de enerxía", subliñou.

A este respecto denunciou que Galiza soporta os custes sociais e medioambientais que implica sermos excedentarios na produción eléctrica – debido á especialización forzada que se deseñou dende o Estado-; obrígasenos a ser solidarios con outros territorios; e ao mesmo tempo pagamos por unha tarifa eléctrica que está chea de peaxes políticas. "Pero non recibimos ningunha compensación a cambio. Xa é hora de que mude esa situación", aseverou.

Aínda que a mobilización deste venres, apuntou, está centrada na defensa da industria, conseguírmonos unha tarifa propia tamén resultaría beneficioso para o conxunto da sociedade galega, ao abaratarse os custes dos consumos domésticos, atendendo as necesidades do noso pobo -que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado-.

En canto ás relacións laborais na empresa, Moskowich valorou que se vive nunha "calma tensa", á espera das propostas que presente a dirección para o novo convenio, en canto se decida a avanzar nas negociacións. A pasividade de Alcoa na negociación colectiva podería estar vinculada os rumores sobre o posíbel adianto da poxa da interrompibilidade a principios do verán.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.