1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

040515 graf1Galiza - Praza - [David Lombao] A campaña electoral municipal de 2011 desenvolveuse no que, en principio, se consideraba como o máis profundo da crise económica. 


Boa parte das mensaxes dos partidos políticos en xeral e en particular do PP, que daquela cabalgaba nunha onda ascendente, centrábanse na necesidade de desenvolver medidas para recuperar o mercado laboral, tamén dende as institucións municipais. Como é sabido o mercado laboral seguiu a degradarse tanto no conxunto do Estado como en Galiza e un dos sectores de poboación máis afectados foi tamén un dos que menos contan no país á hora de decidir eleccións: a mocidade. Os que, a priori, son os territorios máis dinámicos do territorio galego, as cidades, tampouco escaparon a esta tendencia, ata o punto de destruír máis dunha cuarta parte do seu emprego xuvenil dende as anteriores eleccións municipais.

O Instituto Galego de Estatística fixo públicos este luns os datos de afiliación á Seguridade Social desagregados ata o nivel municipal, que amosan que as sete cidades galegas suman algo máis de 33.000 persoas menores de 30 anos en situación de alta laboral, isto é, traballando e cotizando. Isto supón unha diminución de máis de 12.300 cotizantes deste sector da poboación, unha perda do 26,94% que permite concluír esa destrución de en torno a un de cada catro postos de traballo para a poboación xuvenil das sete cidades galegas.

040515 graf2Esta caída no número de mozas e mozos que cotizan á Seguridade Social na Galicia urbana está un chisco por riba da media galega, que ficou no 26,81%, e presenta notables diferenzas entre unhas e outras cidades. Así, os concellos que provocan que a media urbana sexa superior á media galega son as tres da provincia coruñesa: Ferrol, Santiago e A Coruña. No caso coruñés e santiagués a perda de cotizantes menores de 30 anos achegouse ao 30%, pasando de 11.500 a 8.100 cotizantes e de 4.700 hai a pouco máis de 3.300 na actualidade, respectivamente. En Ferrol o estrago laboral é maior tamén entre a xente máis nova e a destrución de emprego supera o 37%, quedando os 2.500 cotizantes mozos de 2011 en tan só 1.600 en marzo deste ano.

Entre as catro cidades que están por baixo da media galega as diferenzas son de case cinco punto. Entre elas está Pontevedra, na que o PP e o propio Alberto Núñez Feijóo teima en poñer o acento como a urbe con peor comportamento do emprego do país e que, no entanto, ten un comportamento levemente mellor que o dato global, cunha perda do 26% da cotización de mocidade nestes anos, pasando dunhas 3.500 persoas a algo máis de 2600. Un punto por baixo está Vigo, que en marzo de 2015 tiña 10.400 cotizantes menores de 30 anos, un 25% menos que catro anos antes.

Atendendo aos datos do IGE as cidades nas que o emprego xuvenil se resentiu menos no último mandato municipal foron as do interior. Lugo queda máis de dous puntos por baixo da media urbana, cunha caída do 24% e pasando de 4.500 a 3.400 cotizantes nesta franxa de idade. O resultado menos malo foi o de Ourense, onde o retroceso non chegou ao 20% e a perda de cotizantes mozas e mozos foi inferior ás 1.000 persoas dende 2011.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.