1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

unnamedGaliza - CNT - O obxectivo deste Primeiro de Maio é continuar a loita contra o aumento da represión, da precariedade laboral e social, a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética, a falla de vivendas. Sobran os motivos.


Para as entidades convocantes das mobilizacións en Ferrol, as reformas laborais serviron para que os empresarios conseguiran os seus obxectivos: ter traballadores sen dereitos. Banqueiros e capitalistas seguen aumentando os seus beneficios a costa do sufrimento e miseria da meirande parte da poboación, sen escrúpulos e coa complicidade de políticos lacaios que comparten os seus privilexios ao tempo que condenan a amplos sectores populares á pobreza máis severa e sosteñen tramas de corrupción que repugnan a calquera persoa decente.

Explican que cando nun país se desaloxa ás persoas das súas vivendas violentamente, córtase a luz, a auga ou o gas a quen non pode pagalas; cando encher a cesta da compra é un acto épico; cando non existe ningunha estabilidade laboral e o despido depende únicamente da vontade do empresario; cando as pensións son miserables; cando a xuventude ten que emigrar; cando as listas de espera nos hospitais son interminables e a axuda á dependencia é unha burla mentres os gastos militares e policiais se disparan; a conclusión é que vivimos nun estado de excepción e de exclusión e que xa chegou o momento de dicir que xa abonda de ditadura disfrazada de democracia.

A represión endureceuse para quen loita contra este sistema corrupto e inxusto desde os seus cimentos. A lexislación modificouse a tal efecto e os xuíces a executan sen pestanexar. A aplicación sistemática da prisión preventiva e o aumento do número de procesados, condenados e encarcerados por mobilizacións sindicais e sociais retrotráenos a épocas nas que o aparato xudicial era un executor máis do estado totalitario. A protesta na rúa, o dereito a reunirse e a manifestarse, calquera acción que implique unha resposta ao sistema ou que propoña alternativas laborais, ecolóxicas, educativas, igualitarias, de desenvolvemento humano e social, son fenómenos aos que se responde cun único criterio: a represión.

Pero da CNT e das Marchas da Dignidade din "que nós non lles temos medo. Soamente desde a loita e a resposta contundente na rúa e nas empresas podemos afrontar os atropelos e a barbarie que nos impoñen o goberno e o capitalismo. Vainos nelas a liberdade e a posibilidade de vivir desde a dignidade e a igualdade unha vida que mereza tal nome e na que os dereitos sociais sexan a garantía do desenvolvemento das persoas. Por iso nós continuaremos loitando contra o TTIP, coas Marchas da Dignidade, nos movementos antidesafiuzamento, e naqueles ámbitos nos que se denuncie a inxustiza como o que é: violencia institucionalizada".

Por todo isto, este Primeiro de Maio berran: BASTA XA DE REPRESIÓN! PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE! VIVA A CLASE OBREIRA! VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.