1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

florestalGaliza - CNT - A sección sindical da CNT na Xunta de Galicia ven de denunciar á Consellería de Medio Rural e do Mar ante a inspección de traballo polas pésimas condicións nas que se atopa a base do SPDIF (Servizo público de defensa contra incendios forestais) no concello de Maceda.


As e os compañeiros do SPDIF utilizan a miúdo esta base para gardas, descansos, comidas, etc. moitas veces durante 24 horas seguidas ou pola noite.

Da CNT denunciamos as lamentbles condicións nas que se atopa a base, e que repercuten directamente na saúde das e dos traballadores e na calidade dun servizo tan importante como a extinción de incendios forestais.

Así, por exemplo, a base de Maceda non dispón de váteres nin duchas. O espazo co que conta é claramente insuficiente para a cantidade de peroal que nela traballa. As pésimas condicións do teito fan que tenda a inundarse no inverno por mor das goteiras, co risco que conleva ao haber aparellos eléctricos. Os traballadores e traballadoras non contan con taquillas nin un espazo para cambiarse, nin cun espazo onde cociñar ou quecer a comida.

Como se pode ver as condicións da base de Maceda distan moito de ser as óptimas para o desenvolvemento das funcións asignadas aos compañeiros e compañeiras do servizo de extinción de incendios.

Desde a CNT esiximos a inmediata solución de tódalas deficiencias da base de Maceda.

Por unhas condicións de traballos dignas no Servizo público de defensa contra incendios forestais!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.