1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

navGaliza - CIG - Traballadores/as das auxiliares mobilízanse ante a dirección de Navantia para esixir o cumprimento dos acordos laborais.


Denuncian o consentimento da empresa principal nesta precarización e alertan das presións das auxiliares para que o persoal non proteste.

Traballadores e traballadoras das auxiliares do naval de Ferrol iniciaron este xoves un calendario de mobilizacións para esixir o cumprimento dos acordos salariais e laborais asinados en 2001, que rexen as condicións do persoal das subcontratas que traballa dentro dos estaleiros. A primeira destas mobilizacións consistiu nun paro de hora e media e unha protesta diante das oficinas da Dirección de Navantia, á que acusan de consentir este deterioro das condicións de traballo.

Os traballadores das auxiliares, ocupados principalmente na construción do flotel e na área de reparacións, acordaron en asemblea xeral desenvolver este calendario de protestas ante os reiterados incumprimentos dos acordos por parte das empresas auxiliares e a falta de resposta da dirección de Navantia ás reivindicacións trasladadas polos sindicatos.

Este xoves, o persoal realizou un paro de 10 a 11:30 horas e unha protesta ante o edificio da Dirección "porque é a culpábel de que as auxiliares contraten como lles pareza e paguen os salarios que lles pete", aseveraba Vicente Vidal, Secretario Comarcal da CIG-Industria de Ferrol.

Vidal tamén denunciou as presións exercidas polas empresas sobre o persoal, ao que mesmo teñen ameazado co despedimento se secundan as mobilizacións. Concretamente censurou a actitude de Maessa e Ainair, as dúas auxiliares que teñen o maior paquete de obra do flotel, pois son as que máis están coaccionando os/as traballadores/as.

O responsábel da CIG-Industria sinalou que o deterioro das condicións laborais e salariais estase a producir dende a primavera pasado, cando as industrias comezaron a non respectar os acordos nas novas contratacións. Este incumprimentos xeran situacións discriminatorias entre os cadros de persoal, que dentro da mesma empresa cobran distinto salario polo mesmo traballo e teñen que realizar xornadas abusivas, mentres a taxa de desemprego na comarca sigue disparada.

O deterioro é tal, engade, que os contratos son por "hora corrida" e no prezo da hora van incluídos todos os conceptos. "O persoal traballa 12 horas polo mesmo prezo, non ten vacacións e no tempo que o estaleiro permanece parado -como no caso dos festivos- non gañan nada", explica. Xunto a isto, Vidal denuncia que mesmo nalgúns casos se está a obrigar aos/as traballadores/as a asinar a renuncia voluntaria aos acordos para poder acceder a un emprego.

Fronte a esta impunidade e a falta de actuación por parte de Navantia, o persoal continuará as mobilizacións o vindeiro martes e o xoves da seguinte semana, con concentracións en Carenas e no estaleiro e paros de 10:30 a 12 horas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.