1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

230115 povisaGaliza - CIG Saúde - O comité de empresa do hospital vigués rexeita o ERE extintivo e anuncia a convocatoria de mobilizacións.


A dirección de Povisa anunciou hoxe que aplicará un ERE extintivo que vai a afectar a 56 traballadores/as e argumentou a decisión asegurando que prevé perdas de 5 millóns de euros este ano. O comité de empresa do hospital vigués rexeita os despedimentos e anuncia mobilizacións, como a celebrada esta mesma tarde ás portas do centro médico.

O anuncio foi feito durante a xuntanza mantida esta mañá coa representación do cadro de persoal, tras a que os traballadores/as celebraron unha asemblea e desenvolveron unha concentración de protesta ás portas do hospital mentres o comité de empresa (a excepción do sindicato médico Omega e de CCOO) ofrecía unha rolda de prensa.

Na comparecencia, a presidenta do comité, María Xesús Neira, da CIG, detallou o contido da proposta que horas antes lles trasladara a empresa. Así, explicou que das 56 persoas que Povisa pretende despedir, 34 serían por supostas causas económicas (a dirección esgrimiu unha previsión de perdas de 5 millóns de euros para este ano) e 22 por causas organizativas, técnicas e produtivas.

O primeiro grupo inclúe as 14 empregadas/os da limpeza que quedaban vinculadas/os a Povisa, servizo que ficará completamente externalizado; os 5 telefonistas; os 5 empregados/as de control de visitas; e un total de 10 fisioterapeutas, sendo este o único servizo que non desaparece, aínda que fica sensiblemente mermado.

Das restantes 22 persoas afectadas -por causas organizativas, produtivas e técnicas- 10 serían por baixa carga de traballo (3 administrativos/as de arquivo e 7 de recepción, entre eles/as os 4 da secretaría clínica, servizo que tamén desaparece) e 12 por reordenación das quendas e dos horarios de celadores/as e auxiliares. "Deste xeito, o centro médico contará unicamente con 24 celadores/as, polo que as auxilares deberán de asumir estas funcións", sostén Neira.

O comité rexeita as cifras da empresa

A representante sindical indicou que os criterios que utilizará a empresa para prescindir do persoal serán titulación, polivalencia, especialización, formación, sancións e dispoñibilidade e adiantou que a partir de agora ábrese un período de consultas que remata o vindeiro 21 de febreiro. Ao mesmo tempo, anunciou que as partes xa concretaron tamén o calendario das primeiras xuntanzas: 28 de xaneiro ás 16.00 horas, 30 de xaneiro ás 10.00 horas, 4 de febreiro ás 16.00 horas e 6 de febreiro ás 10.00 horas.

Neira quixo deixar claro que o comité non está de acordo coas cifras que manexa a empresa, que segue sen xustificar debidamente os datos que aporta. "En 2014 tivo 1,4 millóns de euros de beneficio e agora de súpeto din que van perder 5 millóns este ano, algo que non cadra porque van cobrar da Xunta unha cantidade fixa a pesar da baixada de usuarios/as".

Para a presidenta do comité, detrás desta decisión atópase o interese de Povisa en liquidar o actual convenio colectivo para precarizar as condicións laborais dos traballadores/as de nova incorporación, "tal e como demostra o feito de que anuncien despidos mentres contunúan a facer contratacións vinculadas ao concerto co Sergas".

Finalmente, adiantou que non van ceder nada do actual convenio e que intentarán que o ERE non se chegue a aplicar, "para o que solicitaremos o apoio de todos os partidos político e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e convocaremos mobilizacións porque estamos seguros de que a empresa vai seguir despedindo persoal".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.