1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

linorsaGaliza - CIG - As traballadoras de Linorsa exixen ao concello de Santiago que rescinda o contrato coa empresa por impago dos salarios.


Tamén se concentraron as traballadoras da empresa en Lugo por terceiro día consecutivo.

As traballadoras de Linorsa, empresa concesionaria do servizo de limpeza das instalacións municipais, concentrábanse esta mañá na Praza do Obradoiro coincidindo coa celebración dun pleno extraordinario no concello de Santiago. Ao comezo da mobilización aproveitaron o momento no que o alcalde, Agustín Hernández, atravesaba a praza cara o Pazo de Raxoi para demandarlle a rescisión do contrato coa empresa e o rescate da concesión por non pagar ao persoal.

Linorsa é a adxudicataria do servizo de limpeza do concello de Santiago desde o mes de xuño. Desde aquela, e aínda que por convenio os pagos teñen que efectuarse antes do día catro de cada mes, as traballadoras veñen cobrando con atrasos. Porén este mes, ademais, o persoal só cobrou a metade.

"Unhas veces cobramos o día 17, outro cobramos o día 20, o único que cobramos ben foi o mes pasado, pero este só nos deron a metade e xa nos dixeron por teléfono que non sabían cando cobrariamos a outra metade e que nos esqueceramos de cobrar a paga de Nadal", explica Milagros Salgado, unha das traballadoras afectadas.

En Compostela traballan para Linorsa 40 persoas, das que 37 son mulleres. A maioría teñen contratos por horas ou a tempo parcial e aquelas que teñen a sorte de estar contratadas a xornada completa recibiron un ingreso de tan só uns 400 euros.

O concello de Santiago reduciu, na última plica, o número total de horas de traballo pero aumentou o número de instalacións a atender. Isto supón un sobre esforzo para estas traballadoras que viron como se reducían os seus salarios dos que ademais teñen que pagar a gasolina ou o transporte para trasladarse dunha instalación a outra.

Solicitaron hai tempo o prego de contratación para coñecer as condicións estabelecidas polo concello, pero a esta altura ninguén llelo proporcionou.

Todo isto foi o que lle explicaron, de viva voz, ao alcalde de Santiago, Agustín Hernández, en plena praza do Obradoiro. Ante a súa demanda de explicacións, Hernández asegurou que o concello pagara en tempo e forma á empresa e mesmo se comprometeu a rescindir o contrato con Linorsa se llo permiten as condicións do contrato ou a buscar a fórmula para facelo por outra vía se o impago de salarios non está recollido no prego.

Impagos xeneralizados

Os problemas salariais non son exclusivos do persoal de Linorsa do concello de Santiago. Afectan á práctica totalidade dos servizos de limpeza adxudicados á empresa polas distintas administracións en Galiza. De feito hoxe tamén se concentraban, por terceiro día consecutivo, as traballadoras da empresa en Lugo.

A Federación de Servizos demanda do Concello de Santiago que obrigue a Linorsa a aclarar "a onde van parar eses cartos, porque para os salarios do persoal non van". Por iso, reclaman ao goberno municipal que rescate este tipo de concesións "nas que as empresas só están como intermediarias para recibir os cartos públicos".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.