1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

taboarisgaGaliza - ODS Coia - Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros).


As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria na que cada día vivimos máis persoas alporízannos, e moito. Mentres eles enchen titulares falando das bondades da súa merda de política social nós padecemos os seus plans de inclusión, de emprego, de vivenda... que lonxe de eliminar a desigualdade e a inxustiza, perpetúan a pobreza ao mesmo tempo que fan medrar os privilexios -e contas bancarias- dunha minoría.

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor a nova lei de RISGA, que lonxe de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas engadiu máis problemas para todas as partes implicadas: solicitantes, beneficiarias, servizos sociais dos concellos, consellería... Problemas que chocan cuns responsables que só falan do esforzo que din facer nesta materia, que supuxo: aumento do número de perceptores, crecemento das partidas, redución da diferenza coa media estatal de RISGA por habitante... Uns datos que nin abondan, nin ofrecen solucións á miseria na que viven cada día máis persoas e que fican en papel mollado se os comparamos con estes:

- Atrasos na tramitación en Galiza superiores aos 8 meses.

- Contía media inferior aos 400€/mes (RISGA 2013).

- Un 41% das solicitudes foron denegadas en 2013.*

- No que levamos de 2014 apenas hai solicitudes resoltas das feitas neste ano de entrada en vigor da nova lei.

- A taxa de perceptores de RISGA por habitante é inferior á media estatal, moi lonxe de Euskadi tanto en beneficiarias como en orzamento. Cunha táboa [que acompanha este texto]o vemos moi clariño.

E a todo isto hai que sumar máis violencia e control en forma de inspeccións nos domicilios na procura de fraude entre os perceptores. Pois nada, que mexan por nós e din que chove.

Estamos cansas e fartas de tanta miseria, explotación, de sabermos que cando pasen os axustes estruturais as que ficaremos no labirinto da exclusión e da pobreza somos nós.

Non queremos esmolas, precisamos xustiza social! Renda Básica das iguais e moito máis, XA!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.