1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

101014 trabalhoGaliza - CIG - Reduciuse un 1% no II trimestre de 2014, respecto do mesmo trimestre do ano anterior.


A Enquisa Trimestral de Custo Laboral do II Trimestre de 2014 evidencia que Galiza é unha das comunidades co salario hora máis baixo -o 87,9% da media estatal-, só por diante de Estremadura, Murcia, Balears e Canarias. Ademais reducíronse o número de horas traballadas ao mes e só hai 1.450 postos de traballo vacantes fronte ao elevado número de persoas desempregadas. 

A Enquisa Trimestral de Custo Laboral (ETCL) -que publica o INE- permite obter información sobre o custo do factor traballo, horas traballadas, así como (desde o segundo trimestre de 2013) do número de vacantes, ou postos de traballo sen cubrir e dispostos a cubrir, que as empresas declaran na enquisa.

A enquisa esténdese ao conxunto da industria, construción e servizos; quedan, polo tanto, excluídas todas as actividades do sector primario, así como o servizo doméstico.

Para a CIG a ETCL vén confirmar o que ten manifestado en numerosas ocasións: que as sucesivas reformas laborais, coa conseguinte caída de salarios e precarización dos contratos, non ían garantir a creación de emprego, que os baixos salarios non son garantía de creación de emprego, senón todo o contrario e que a reforma laboral o que está é a provocar a substitución de emprego fixo e a tempo completo por emprego temporal e a tempo parcial. Así o demostran os datos:

Galiza é a cuarta comunidade co salario hora máis baixo do Estado español

No que atinxe ao custo do traballo, os datos da ETCL deixan a Galiza nunha posición preocupante: por un lado, é a cuarta  comunidade cos custos salariais por hora máis baixos do Estado español; por outro, o incremento no último ano foi inferior ao incremento medio, polo que o diferencial, con respecto á media estatal, continúa medrando.

Custo salarial por hora e comunidade autónoma.

 

Custo salarial ordinario por hora 

Variación

2014TII

2013TII

 

Media estatal

12,44

12,01 

3,6

Andalucía

11,26

10,82

4,1

Aragón

11,76

11,34

3,7

Asturias

12,29

11,86

3,6

Balears, Illes

10,92

10,73

1,8

Canarias

10,75

10,28

4,6

Cantabria

11,52

11,13

3,5

Castela e León

11,44

11,06

3,4

Castela A Mancha

11,52

10,91

5,6

Catalunya

13,02

12,91

0,9

Comunitat Valenciana

11,16

10,88

2,6

Estremadura

10,35

9,85

5,1

Galiza

10,94

10,64

2,8

Madrid

14,55

13,58

7,1

Murcia

11,1

10,54

5,3

Navarra

13,24

12,89

2,7

País Vasco

15,37

15

2,5

Rioxa, A

12,07

11,62

3,9

Fonte. INE. Encuesta Trimestral de Coste Laboral.

Galicia, cun custo salarial por hora de 10,94€, sitúase como a cuarta comunidade cos salarios máis baixos. Soamente os traballadores/as de Estremadura e as Illes Balears e Canarias, no segundo trimestre do ano 2014, tiveron uns salarios inferiores aos dos galegos. Euscadi, cun custo laboral por hora de 15,37€, sitúase como a comunidade cos custos máis elevados.

No último ano, en todo o Estado español se produciron incrementos no custo por hora, mais con diferenzas moi pronunciadas entre as distintas comunidades. Tampouco neste caso Galiza sae moi ben parada da comparación, xa que mentres o incremento medio foi do 3,6%, en Galiza apenas se estima un incremento do 2,8%, o que nos leva a un maior medre do diferencial con respecto á media estatal.

Se no ano 2013 ao custo por hora en Galiza era o 88,6% da media estatal, no 2014 é o 87,9%, isto é, medrou a marxe preto dun punto.

Este diferencial ten consecuencias máis alá do curto prazo, xa que non só afecta hoxe aos traballadores e traballadores no seu día a día, senón tamén en canto futuros pensionistas. Na actualidade, os/as pensionistas do noso país son os segundos, despois dos estremeños, coas pensións máis baixas do Estado. E se esta diferenza salarial actual se mantén ou agudiza, como neste momento, nun futuro a situación dos pensionistas vaise agravar.

Reduciuse o número medio de horas traballadas ao mes

As horas medias efectivas traballadas ao mes é outro dato que facilita a enquisa.

Media horas mensuais.

Galiza

 

Horas efectivas

 
 

Ambas as xornadas

Xornada a tempo completo

Xornada a tempo parcial

 

 

  

 

2014TII

134,5

148,3

78,8

2013TII

136,8

150,5

80,1

2012TII

134,7

147,7

77,9

2011TII

136,5

150,1

75,6

2010TII

138,1

150,4

75,6

2009TII

136,1

147,6

74

2008TII

141,7

153,4

77,8

Fonte. INE. Encuesta Trimestral de Coste Laboral.

Desde o ano 2008, en que comezou a crise, produciuse unha redución do número medio de horas efectivas traballadas (coa excepción do ano 2013), tanto no caso dos traballadores/as que están a tempo completo como os/as de tempo parcial.

Esta redución do número de horas traballadas explica como, a pesar de aumentar o custo salarial por hora, descenden os custos salariais totais.

Custo salarial total

 

Galiza

2014TII

1.671,88

2013TII

1.675,99

2012TII

1.665,67

2011TII

1.688,91

2010TII

1.697,43

2009TII

1.612,82

2008TII

1.545,71

Fonte. INE. Encuesta Trimestral de Coste Laboral.

No segundo trimestre do ano 2014, o custo salarial medio mensual reduciuse un 1% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior; isto debido fundamentalmente á redución do número de horas traballadas, xa que o custo por hora aumentou.

A reforma laboral do ano 2012, que a través das medidas de flexibilidade interna facilitou, entre outras, as reducións ou modificacións de xornada, ten o seu reflexo nas estatísticas, posto que se percibe claramente como a partir desta data se reduce o número medio de horas traballadas.

É importante salientarmos estas modificacións nas relacións laborais, xa que  permiten afondar na situación laboral galega; non só é preocupante a situación das persoas paradas, senón tamén dos traballadores/as cun posto de traballo, xa que un número importante destes/as cada vez traballa menos horas e, polo tanto, ten menos ingresos.

1.450 postos de traballo vacantes fronte ás máis de 250.000 persoas desempregadas

Outro dato importante que se tira da enquisa é o de número de vacantes, é dicir, o número de postos de traballo que as empresas declaran ter dispoñíbeis e dispostos a cubrilos se aparece a persoa adecuada. Os datos para Galiza son os que se ofrecen a seguir.

Número de vacantes.

 

Galiza

2014TII

1.450

2014TI

4.325

2013TIV

2.975

2013TIII

4.398

Fonte. INE. Encuesta Trimestral de Coste Laboral.

As empresas declararon dispor de 1.450 postos de traballo vacantes en Galiza no segundo trimestre deste ano. Dato excesivamente baixo en si mesmo, o menor da serie e, sobre todo, demoledor cando o comparamos co elevado número de persoas desempregadas rexistradas nas oficinas so Servizo Público de Emprego, máis de 250.000.

http://www.galizacig.gal/avantar/sites/all/themes/avantar3/imagenes/fondoIconos.gif); background-repeat: repeat-x;">
http://www.galizacig.gal/avantar/sites/all/themes/avantar3/imagenes/fondoConectate.png); background-repeat: no-repeat;"> 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.