1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

021014 fogasaGaliza - CIG - Umha centena de afectados polo atraso nos pagos do Fogasa esixen a axilización do proceso na Subdelegación do Goberno en Pontevedra


O seguinte paso será reclamar que os Orzamentos estatais de 2015 inclúan unha partida para liquidar as débedas cos traballadores/as
Máis dun cento de afectados/as polos atrasos nos pagos do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) concentráronse onte diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde fixeron entrega de escritos individuais reclamando a axilización do proceso. Os traballadores/as esixen información sobre o cambio de normativa e anuncian que o vindeiro día 7 realizarán unha nova mobilización na delegación do Ministerio de Facenda para solicitar que os Orzamentos estatais inclúan a partida de cartos necesaria para liquidar as débedas do Fogasa.

Nos escritos presentados na Subdelegación do Goberno español en Pontevedra reclámase unha resposta por parte da Administración na que se explique o cambio normativo que está a provocar atrasos de até 18 meses nos pagos do Fogasa.

O secretario comarcal da CIG, Marcos Conde, indicou na asemblea previa á mobilización que "supoñemos que estas modificacións foron feitas mediante unha norma interna porque non saíu nada publicado".

Ao mesmo tempo, adiantou que a central está a analizar a posibilidade de iniciar unha vía xurídica para intentar axilizar o proceso de cobro por parte dos afectados/as, "decisión que adoptaremos tamén en función de cal sexa a resposta da Administración".

Na asemblea tamén se adoptou a decisión de realiza unha nova mobilización o vindeiro 7 de outubro, esta vez diante da delegación do Ministerio de Facenda na cidade para solicitar a inclusión nos Orzamentos estatais de 2015 dunha partida destinada a liquidar as débedas do Fogasa cos traballadores/as despedidos/as.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.