1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270914 cargaGaliza - CIG - "Non imos consentir que se desvíe unha carga de traballo vital para as auxiliares e ninguén asuma responsabilidades"


A CIG-Navantia Ferrol denuncia a incapacidade do PP galego para orientar a dirección interna da empresa e esixe a construción íntegra do flotel
"Nin entendemos, nin aceptamos, nin compartimos esta decisión que non ten motivacións técnicas e responde só a cuestións políticas. Pedimos a dimisión do director de Navantia Ferrol e un posicionamento contundente do PP galego fronte o desvío dunha carga de traballo que nestes momentos é vital para a empresa e a industria auxiliar". Con estas aseveracións contestaba o Secretario da Sección Sindical da CIG-Navantia Ferrol, Marcelino Amado, ao anuncio da empresa pública de derivar a construción de oito bloques do BAP (o famoso flotel de Pemex), ao estaleiro de Puerto Real.

A noticia, que chegou coincidindo coa celebración da asemblea de traballadores/as do estaleiro ferrolá para acordar accións de rexeitamento ao novo convenio colectivo, foi respondida de xeito inmediato polo persoal cunha concentraron diante das oficinas da dirección e unha marcha a pé até a Praza de Armas. Alí, representantes do Comité mantiveron un encontro co alcalde (PP), Xosé Manuel Rey Varela, ao que esixiron accións contundentes na defensa do sector, máis alá das declaracións mediáticas.

"O alcalde demostrou unha vez máis que non ten capacidade política ningunha sobre a dirección interna de Navantia, que está marcada polas directrices do PP de Madrid", criticou Amado, quen estendeu esta incompetencia tamén ao Goberno galego. Ademais, alertou que de non darse un xiro inmediato a nova estrutura organizativa recentralizada, o peso da factoría de Ferrol ficará perigosamente minorizado.

A este respecto, dende a Sección Sindical da CIG lembran que no encontro co Conselleiro de Economía e Industria xa se advertiu das distorsións organizativas impostas dende Madrid, que poñen en perigo tanto os prazos coma os prezos de execución do flotel. Cuestións que agora son utilizadas pola empresa para xustificar este desvío da escasa carga de traballo xerada polo BAP.

"Primeiro eliminaron Fene da construción dos bloques asignados, escusándose no veto de Bruxelas; e agora sen motivación ningunha anuncian o traslado de oito bloques para Puerto Real. Non imos consentir que leven unha carga de traballo que nestes momentos resulta vital e que o PP vendeu a bombo e prato nas eleccións autonómicas como a salvación para o naval de Ferrol. Non imos permitir que isto ocorra sen que se asuman responsabilidades", aseveran.

Rexeitamento ao convenio colectivo

A decisión de Navantia foi abordada na asemblea de traballadores e traballadoras prevista para esta venres, para tratar o convenio colectivo recentemente asinado (contra da opinión do persoal da factoría de Ferrol) e acordar un novo calendario de mobilizacións.

A nivel xurídico, explica Marcelino Amado, o convenio está impugnado, mais tamén se quere trasladar esta oposición mediante a mobilización do persoal. Deste xeito, os traballadores e traballadoras, no marco da asemblea, votaron simbolicamente en contra da sinatura do novo marco laboral.

A maiores, tamén se acordou por unanimidade dos/as asistentes, adoptar unha resolución en solidariedade co compañeiro Xesús A. López Pintos e de rexeitamento ao seu procesamento.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.